Skip to Content

Blogues

AS FROITAS NA BIBLIA

O alumnado de relixión do estivo investigando as froitas na biblia, ollade  no seguinte enlace as súas propias creacións

https://www.slideshare.net/VERNICAPAMPILLNSEIJO/las-frutas-en-la-biblia

INVENTANDO CREATIVOS PRATOS SANS

O alumnado de 5º  puxo a traballar a súa creatividade e elaborou uns fermosos e deliciosos pratos saudables.

Aquí nos contan o que fixeron

 

 

 

 

 

SABIOS DO PELADOR RELADOR

Estes grandes sabios fan un bo tutorial dos peladores e os reladores. E nos convidan a saborosos canapés de mazá relada.

SABIOS DA CONSERVACIÓN

Estes grandes sabios vannos ensinar  diferentes xeitos para conservar a froita e así poidamos seguir disfrutando do seu sabor cando xa non están en tempada.

 

DESHIDRATÁNDOA

Queredes saber cómo se fai a froita deshidratada?? Pois escoitade a este gran sabio.

 

AO VACÍO

Tamén podemos alongar o tempo de duración da froita en bo estado envasándoa ao vacío como moi ben nos explica este sabio.

 

 EN FRÍO

Outro xeito de conservar a froita é en frío.

 

EN ALMIBRE

Este si que é un xeito doce de conservala. se queredes aprender o vídeo tedes que ver. Pois esta pequeña sabia explicao con moito detalle.

SABIOS DO BATEDOR

Os sabios do batedor ademáis de ensinarnos como funciona, dannos unha deliciosa receita de tarta de queixo que acompañamos con deliciosas froitas.

 Tarta de queixo con cereixa e albaricoques. DELICIOSA!!!!

  

SABIOS DO ESPREMEDOR

Se votades unha ollada a este vídeo ademáis de aprender sobre os espremedores, averiguaredes cantas cousiñas se poden facer cun zume recén esprimido.

ZUME DE LARANXA

Coa guía dos sabios do espremedor fixemos e degustamos zume de laranxa recén feito.

SABIOS DO PELADOR E O RELADOR

Estes sabios e sabia fan un bo tutorial dos peladores e os reladores. E nos convidan a saborosos canapés de mazá relada.

 

BATIDO DE AMORODO E PLÁTANO

Aquí tedes a receita e elaboración dun delicioso batido de amorodo e pátano feita polos sabios da licuadora

 

SABIOS DA LICUADORA

Estes pequenos sabios e sabias ademáis de mostrarnos como funciona a licuadora, suxírennos diferentes receitas e ata se atreven a elaborar un batido de amorodo e plátano.

 

 

 

 

 

A FROITA VIAXA CON NOS

Os alumnos e alumnas do cole non só comen froita no centro, tamén a levan cando van de excursións.

Así os paraguaios viaxaron cos nenos e nenas de 5º ata Pontevedra para darlles moita forza no campionato provincial de atletismo.

E as mazás chegaron ata o ecoparque de Cotobade, onde 1º e 2º compartiron merenda "mazanceira" tras unha xornada de obradoiros.

 

                  

A VIDA DO NOSO COMPOSTEIRO

Despois dun ano de recollida e máis recollida dos nosos restos orgánicos, os nosos composteiros estaban cheiños e deulle alimento a moitisimas prantas, hortalizas e legumes que prantamos e coidamos coa colaboración do noso conserxe, Juan.

 

AS SEMANAS DA FROITA NA CLASE DE 4 ANOS

Nas clases de infantil tamén fomos partícipes da deliciosa froita á que nos convidou o programa "FROITA NA ESCOLA" . Ollade que ben se alimentan os nenos e nenas de 4 anos.

 

2ª SEMANA DA FROITA

Alumnado, profesorado,...., seguimos degustando froita nas nosas merenda. Nesta semana chégalle o turno aos amorodos, ás peras, aos paraguaios, ás mazás e ao melón.

 

1ª SEMANA DA FROITA 2019

Do 20 ao 24 de maio tivemos a primeira semana da froita, onde rapazas e rapaces puderon probar, comer, saborear: albaricoques, plátanos, peladillos, sandías e melocotóns.

Distribuir contido


by Dr. Radut