Skip to Content

blogue deVerónica Pampillón

CONSUMO DE FROITAS

 Neste curso nas semanas da froita recollemos datos dos gustos do noso alumnado.  Tal é como indican os reporteiros de 4 anos se comeron nestas dúas semanas case 500 kilos de froita. A que máis rapaces e rapazas comeron foron os amorodos e a sandía que a comeron o 90 e o 84% do alumnado respectivamente, e as que menos foron os paraguaios e as peras, pero ainda así a tomaron o 70 e 71%.

 

 

 

 

 

 

AS FROITAS NA RADIO

Os nenos e nenas de 4 anos convertíronse en verdadeiros reporteiros para dar toda a información das semanas da froita no colexio.

 

FESTA TUTIFRUTI ANPA 2019

Un ano máis a ANPA do colexio celebra a festa de fin de curso organizando divertidos xogos, actuacións e como xa ven sendo habitual acompañada de saborosas froitas frescas.

                    

SON FROITAS ???

Os nenos e nenas de 5º estiveron investigando sobre algunhas froitas,hortalizas?

Sabes que son?....

 

                   

AS FROITAS NA BIBLIA

O alumnado de relixión do estivo investigando as froitas na biblia, ollade  no seguinte enlace as súas propias creacións

https://www.slideshare.net/VERNICAPAMPILLNSEIJO/las-frutas-en-la-biblia

INVENTANDO CREATIVOS PRATOS SANS

O alumnado de 5º  puxo a traballar a súa creatividade e elaborou uns fermosos e deliciosos pratos saudables.

Aquí nos contan o que fixeron

 

 

 

 

 

SABIOS DO PELADOR RELADOR

Estes grandes sabios fan un bo tutorial dos peladores e os reladores. E nos convidan a saborosos canapés de mazá relada.

SABIOS DA CONSERVACIÓN

Estes grandes sabios vannos ensinar  diferentes xeitos para conservar a froita e así poidamos seguir disfrutando do seu sabor cando xa non están en tempada.

 

DESHIDRATÁNDOA

Queredes saber cómo se fai a froita deshidratada?? Pois escoitade a este gran sabio.

 

AO VACÍO

Tamén podemos alongar o tempo de duración da froita en bo estado envasándoa ao vacío como moi ben nos explica este sabio.

 

 EN FRÍO

Outro xeito de conservar a froita é en frío.

 

EN ALMIBRE

Este si que é un xeito doce de conservala. se queredes aprender o vídeo tedes que ver. Pois esta pequeña sabia explicao con moito detalle.

SABIOS DO BATEDOR

Os sabios do batedor ademáis de ensinarnos como funciona, dannos unha deliciosa receita de tarta de queixo que acompañamos con deliciosas froitas.

 Tarta de queixo con cereixa e albaricoques. DELICIOSA!!!!

  

SABIOS DO ESPREMEDOR

Se votades unha ollada a este vídeo ademáis de aprender sobre os espremedores, averiguaredes cantas cousiñas se poden facer cun zume recén esprimido.

ZUME DE LARANXA

Coa guía dos sabios do espremedor fixemos e degustamos zume de laranxa recén feito.

SABIOS DO PELADOR E O RELADOR

Estes sabios e sabia fan un bo tutorial dos peladores e os reladores. E nos convidan a saborosos canapés de mazá relada.

 

BATIDO DE AMORODO E PLÁTANO

Aquí tedes a receita e elaboración dun delicioso batido de amorodo e pátano feita polos sabios da licuadora

 

SABIOS DA LICUADORA

Estes pequenos sabios e sabias ademáis de mostrarnos como funciona a licuadora, suxírennos diferentes receitas e ata se atreven a elaborar un batido de amorodo e plátano.

 

 

 

 

 

A FROITA VIAXA CON NOS

Os alumnos e alumnas do cole non só comen froita no centro, tamén a levan cando van de excursións.

Así os paraguaios viaxaron cos nenos e nenas de 5º ata Pontevedra para darlles moita forza no campionato provincial de atletismo.

E as mazás chegaron ata o ecoparque de Cotobade, onde 1º e 2º compartiron merenda "mazanceira" tras unha xornada de obradoiros.

 

                  

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut