Skip to Content

Quinto

QUE GRATA NOVA!

O noso compañeiro Arturo Rodríguez Rivera gañou o primeiro premio no "Concurso mascota para o Club de Balonmán Porriño".

Dende o colexio felicitámolo pola súa gran labor.

 NORABOA!

VISITA DUNHA CIENTÍFICA DO CSIC

Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibimos a visita dunha bióloga marina do CSIC, que dun xeito lúdico e moi didáctico amosounos aspectos moi interesantes sobre o mar e os seus habitantes: os peixes, as diferentes formas de pescalos, a forma de calcular a cantidade que se pode pescar para evitar a sobreexplotación,  onde viven, que comen , como se reproducen, a importancia de manter o equilibrio no ecosistema… e explicounos tamén o traballo que eles como científicos marinos desempeñan.

     MOITAS GRAZAS A MIMA POLO SEU TEMPO E POLA PACIENCIA AMOSADA!!!

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O martes 20 de Outubro o alumnado  de 5 de primaria realizamos unha visita moi interesante a Lourizán. Alí puidemos fixemos un recorrido por todo o seu Xardin Botánico, que posee especies exóticas e autóctonas e foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto e  que reúne aquelas especies plantadas no xardín dende o século XIX ata a actualidade.

Ademais das especies que pola súa importancia a nivel natural, paisaxístico e cultural están incluídas no Catálogo Galego de Árbores senlleiras, coma o cedro do Líbano, a Metasequoia glytostroboides e a formación de castiñeiros xaponeses e chineses, destacan tamén outras especies forestais coma o olmo holandés, as palmeiras raíñas ou a avenida de magnolias.

Despois de camiñar durante casi dúas horas, tomamos a ben merecida merenda nas escaleiras do Pazo, onde viviu Montero Ríos e que foi construido por Jenaro de la Fuente.

En fin, unha visita moi interesante e motivadora para escomenzar a aprender cousas sobre os bosques.

 

   



VISITA A SANTIAGO!

O martes 19, fomos os nenos de 5º e 6º a visitar a Catedral de Santiago.

Antes de ir a ver a Catedral paramos en Padrón a ver a casa de Rosalía de Castro. Vimos o despacho do marido de Rosalía, varias salas onde estaban os libros que publicou, a súa habitación e a cama onde morreu.

Cando acabamos a visita, o autobús viunos recoller para levarnos ao MUPEGA, que é un museo de como eran as escolas antigas.

Logo o autobús levounos á Praza da Quintana, que foi onde comemos. O rematar de comer fomos dar un paseo por Santiago e por fin fomos á Catedral.

Cando entramos Isa, que era a nosa guía, nos ensinou unha foto do Pórtico da Gloria (que non se pode visitar). Logo subimos unhas escaleiras e nos ensinou unha maqueta da Catedral. 

Tamén subimos aos tellados, que eran como escaleiras para que cando atacaban á Catedral poideran subir e baixar con facilidade. Os tellados tiñan almeas, como unha fortaleza.

Vimos un tipo de fonte onde se lavaban os peregrinos. Nesa misma zona vin as campás que roubou Almanzor.

Cando acabamos a visita merendamos e xa nos fomos para casa.

Hai dúas cousas que me encantaron, a primeira foi darlle un abrazo ao Apóstol Santiago e a segunda ver a tumba do Apóstol.

(Texto facilitado polo alumnado)

Para rematar deixámosvos unha montaxe con algúns dos bos momentos compartidos.

 

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

     O día 28 de abril o alumnado de 5º de Educación Primaria visitamos a cidade de Pontevedra.

     Primeiro fomos o Museo Provincial, onde acompañados por dous expertos guías percorrimos as salas adicadas á Prehistoria e Historia Antigua de Galicia. O percorrido resultou moi interesante e instrutivo. Aprendimos moitas cousas sobre a forma de vida e costumes dos nosos antepasados. Ao rematar, e coa axuda dun plano da cidade, recorremos os lugares máis coñecidos da cidade: Praza da Leña, a Ferrería, Igrexa da Peregrina e estatua do loro máis famoso de Pontevedra, o loro  Ravachol, rematando o noso itinerario nas ruínas de Santo Domingo.

   Pasámolo estupendamente e aprendimos moitas cousas tamén.

 

PREMIADOS NO CONCURSO DO EROSKI

O alumnado de quinto realizara unha visita ao Eroski polo mes de marzo moi interesante para eles. Nesa visita participaron nun concurso que consistía en facer unha redacción sobre as experiencias vividas durante a visita, as cousas que máis lle chamaron a atención...

Entre os premiados temos a tres compañeiros. 

 

  

O ESCRITOR GONZALO MOURE NA NOSA ESCOLA

O xoves 19 visitou a nosa escola o escritor Gonzalo Moure, que co seu libro “Caramelo” achegou ó noso alumnado de 5º de E. Primaria ese mundo máxico da lectura.

O libro está adicado a Fatimetsu, unha nena saharaui que lle permitiu ver ao escritor a vida doutro xeito. El dicía que “Escribir es buscar describir de otra forma la realidad”. E deixou para o recordo unha fermosa frase:

“Los libros son el motor de tus sueños, el pedir lo imposible, la llave del futuro”.

 

VISITA AO EROSKI

 O alumnado de 5º B realizou unha actividade moi interesante grazas a colaboración do supermercado Eroski.

Primeiramente asistiu na escola a una charla moi interesante sobre alimentación e hábitos saudables na que, dun xeito moi didáctico, explicáronlles a importancia dunha boa alimentación. Seguidamente, fixemos unha visita ao supermercado Eroski de Sanguiñeda onde fixemos un percorrido polas principais seccións  do establecemento para rematar cunha exquisita degustación de froitas orixinalmente decoradas polas traballadoras do supermercado. Por último, fixeron xogos para adiviñar distintas froitas e verduras empregando o sentido do tacto ou do gusto.

Noraboa a ese supermercado pola sensibilidade que ten para fomentar hábitos de consumo responsable dun xeito divertido e atractivo para o alumnado!  

 

 

UN ENTROIDO MEDIEVAL!!

O venres 13 conmemoramos o Entroido no colexio.

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a Idade Media, chegaron dende moi lonxe uns divertidos bufóns, uns magníficos feiticeiros, a nosa nobleza de damas e cabaleiros, sen esquecer aos campesiños e bispos. Todo amenizado cuns grans xograres, mesoneiros e cos distintos oficios medievais. Foi un día cheo de emocións!!

Queredes voltar compartilas con nós?

As fotografías atópanse na Galería da páxina web.

 

 

 

 

 

 OS BUFÓNS INFantil

AS DAMAS E OS CABALEIROS 1º

OS CAMPESIÑOS E AS CAMPESIÑAS 2º

 

 OS MESONEIROS E AS MESONEIRAS 3º   

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºA

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºB

OS FEITICEIROS E AS FEITICEIRAS 5º

AS E OS XOGRARES 6º

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA

ASISTENCIA.

NORABOA AOS ARTISTAS E AOS MESTRES/AS!

 

SAÍDA AO CASTELO DE SOBROSO

O mércores 2 de decembro visitamos o Castelo de Sobroso, no Concello de Mondariz.

É un castelo pequeniño, pero moi ben conservado (foi restaurado hai uns anos), e serviunos para darnos idea de como eran as fortalezas no estudio do noso proxecto de centro da Idade Media: vénse perfectamente as murallas, a torre da homenaxe, as estancias principais, o patio de armas, as ameas, merlóns, saeteras… e ten case mil anos!

Aproveitamos para meternos en situación, na pel dalgúns nobres de entón: Afonso VI, Don Sancho, Dona Urraca… Cantas intrigas polo poder! E que claro, os nobres vivían moi pero que moi ben…

Está situado nun punto estratéxico, nun alto dende o que se domina unha vista da ate 20 Qm. á redonda, o que, unido ás súas murallas, facía del un bastión inexpugnable.

Completamos a saída histórica coa natureza do entorno, e aquí convertímonos en biólogos expertos en Botánica, recollendo mostras de follas, sementes, cogumelos e algún bichiño incauto que caíu unas nosas mans.

Foi unha mañá perfecta!

MAGOSTO MEDIEVAL

Na Idade Media, entre as clases populares, consumíase gran cantidade de castañas. O motivo deste consumo era o prezo, a facilidade de atopalas e o seu alto valor nutritivo.

Había moitas formas de cociñalas: maceradas en auga quente, asadas, ferbidas, fritas ou tostadas; enteiras, en puré ou en forma de fariña coa que se facía pan ou sémola. Se non se consumían ao instante, podían convervalas secándoas ao sol ou ben afumadas.

Este sistema de conservación dos froitos estendeuse a outros. Para a froita fresca seguíanse dous métodos distintos; en primeiro lugar, almacenábanse en lugares cunha boa ventilación. O outro método era conservar o froito dentro dun recipiente pechado herméticamente que favorecía o seu secado.

Non obstante, exceptuando as castañas, a froita era unha comida moi pouco frecuente na Idade Media; o motivo era que se consideraba un gran luxo co que enriquecer a mesa.

Josep Alegret

 

Despois desta breve explicación e viaxando no tempo á Idade Media, o alumnado do Ceip Pena de Francia celebrou un magosto moi especial. 

Agradecemos a vosa constante colaboración e dámosvos os parabéns polo traballo realizado. GRAZAS!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A MINERGAL

O martes 18 de novembro o alumnado de 5º de E Primaria realizou unha interesante visita ao Museo de Minerais de Galicia, que se atopa no Centro Tecnolóxico do Granito.

 

Na visita, coordinada desde o concello de Mos, aprenderon a recoñecer a implicación das rochas na paisaxe e a coñecer as aplicacións cotidianas dos minerais.

 

 

O SAMAÍN NO MUSEO LISTE

O alumnado do primeiro, terceiro ciclo e o curso de terceiro de Educación Primaria tivemos unha celebración especial do Samaín no Museo Liste de Vigo.

Contáronnos a orixe desta celebración, as costumes e incluso as diferenzas con respecto a outras celebracións.  

O museo, de carácter monográfico e orientación etnográfica conta con máis de 2.500 pezas que reflexan distintos aspectos da cultura tradicional galega. Aínda que tamén poidemos ver a mostra das prendas de roupa interior no pasado "a muda", que reflicte as diferenzas sociais, usos e costumes nos derradeiros séculos en Galicia. (Exposición temporal).

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA  

         

 

 

 

     3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

                                                         

3º CICLO DE EDUCADIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONFERENCIA SOBRE O UNIVERSO

O venres na escola tivemos una visita moi especial e moi espacial. Visitounos  Luís F. Miranda, Doutor en Astrofísica pola universidade Complutense de Madrid e científico no Consello Superior de Investigacións Cientificas (CSIF), que  achegou ao alumnado de 5º e 6º de E.Primaria o tema do Universo, as galaxias, buratos negros e todos os interrogantes que se plantexan en torno o mesmo.  Unha visita moi interesante e instructiva.

  

 

VISITA A VILA ROMANA DE TORALLA

     O alumnado de 5º de primaria xunto coas súas titoras fixeron unha visita a vila romana de Toralla en Vigo. A vila ségueselle chamando Finca Mirambell, porque o terreo era propiedade desta familia que, de feito, foi a que achou os primeiros restos deste xacemento arqueolóxico en Vigo, nos anos 20 do século pasado.

    A visita permitíulles coñecer de preto como estaba organizada unha residencia romana e tódalas edificacións de que estaba composta: a vivenda principal, as salinas, as termas.

     Foi un percorrido guiado por todo o xacemento que nos permitiu coñecer a Galicia romana de finais do Imperio a través de obxectos da época e interpretando e experimentando as tarefas cotiás realizadas en cada espazo desta magnifica vila romana.

     Quedamos moi satisfeitos desta visita, tanto polo trato recibido como pola forma de levala a cabo. Os nosos parabéns aos guías.

 

 

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut