Skip to Content

Quinto

Fruit Project: What´s in season in Spain?

Un ano máis estamos a participar no "Plan Proxecta". Os nen@s de quinto estivemos facendo este traballo sobre froita de temporada e os beneficios do seu consumo. Fixemos un calendario usando un "Folio Xiratorio", neste caso chamámoslle "Bandexa Xiratoria" onde se clasifican as foitas segundo a estación do ano.

 

 

AS LARANXAS, MÁIS LARANXAS, DE TODAS AS LARANXAS

Co motivo da celebración do día das letras galegas que este ano se lle adicou a Carlos Casares, os alumnos e alumnas de 5º A representaron unha das obras de teatro máis coñecida do autor, "As laranxas, máis laranxas, de todas as laranxas".

CIENCIA EN MOVEMENTO

Para conmemorar o “Día da Ciencia” o alumnado de 5º de Educación Primaria asisitiu a unha interesantísima exposición no Auditorio do  Multiusos do Concello de Mos, onde baixo o lema “Prohibido non tocar” os nenos e nenas puideron experimentar e aprender sobre moitos aspectos da ciencia a través de diferentes experimentos (lampada tesla, magnetismo, péndulo de Newton..).

Magnífica experiencia!!!!

 

ENCANTADOS

Unha magnifica actividade realizada polos alumnos e alumnas de 5º e impartida por dúas profesionais de Brincan, cun obxectivo fundamental o de achegar ao noso alumnado o mundo das mascotas e o seu coidado e a importancia que estas teñen nas nosas vidas.
Ron e Samba fixeron as ledicias de tódolos rapaces e rapazas.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Moitas grazas polo voso interese e entusiasmo!!!

 

 

 

 

VISITA A PONTEVEDRA DO ALUMNADO DE 5º E P

O mércores 25 de maio visitamos a cidade de Pontevedra.

Primeiramente fixemos un percorrido a través da Prehistoria e o mundo Castrexo grazas ao museo da cidade.

Resultou unha viaxe interesantísima ao noso pasaDende o museo cun plano da cidade iniciamos un interesante itinerario polos lugares máis representativos da mesma :

Praza da Leña, Ferrería, Igrexa da Peregrina, Loro Ravachol… para rematar nas ruinas do convento de Santo Domingo, emblemático edificio da arte gótica que vimos de estudar.

Tamén tivemos un tempo de lecer no que puidemos tomar a nosa merenda.

 

 

 

OBRADOIRO DE DOBRAXE EN GALEGO

O mércores 13 abril o alumnado de 5º e 6º EP realizou unha interesante actividade: un obradoiro de interpretación da lectura, impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe e con experiencia en locución, publicidade, narración….

O obradoiro foi totalmente práctico e participativo e o alumnado puido facer unha lectura interpretada de distintos tipos de guión coas indicacións que o poñente lle ía dando.

 

VISITA AO EROSKI

O alumnado de quinto tivo o pracer de comprobar a funcionalidade das Mates na súa vida, a través da visita ao Eroski.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os nenos de quinto e sexto celebran o Día Internacional da Muller a través dunha xornada de igualdade con divertidas dinámicas de grupo. Podedes vernos nas seguintes imaxes:

 



PROGRAMA PARA A VALORACIÓN DO MONTE

Dende orientación realízase unha charla formativa e informativa sobre o monte para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Os obxectivos que se perseguen son:

- Participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural.

- Darlles a coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte.

- Fomentar o seu respecto pola natureza.

Un equipo de tres técnicos da Consellería do Medio Rural a través dunhas diapositivas nos foron explicando as características do monte galego, as árbores e a fauna autóctonas e os perigos medioambientais que existen en Galicia. Do mesmo xeito recordáronnos a importancia de coidar o meido e da repercusión que teñen os nosos actos sobre a contorna.

 

LEDICIA COSTAS NA ESCOLA

O martes 1 de decembro o alumnado de 5º Educación Primaria tivo o privilexio de recibir unha visita moi especial: a escritora viguesa Ledicia Costas que veu a presentarnos o seu libro "Escarlatina a cociñeira difunta". 

No blogue da biblioteca temos máis información sobre este momento tan especial e máxico. 

 

QUE GRATA NOVA!

O noso compañeiro Arturo Rodríguez Rivera gañou o primeiro premio no "Concurso mascota para o Club de Balonmán Porriño".

Dende o colexio felicitámolo pola súa gran labor.

 NORABOA!

VISITA DUNHA CIENTÍFICA DO CSIC

Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibimos a visita dunha bióloga marina do CSIC, que dun xeito lúdico e moi didáctico amosounos aspectos moi interesantes sobre o mar e os seus habitantes: os peixes, as diferentes formas de pescalos, a forma de calcular a cantidade que se pode pescar para evitar a sobreexplotación,  onde viven, que comen , como se reproducen, a importancia de manter o equilibrio no ecosistema… e explicounos tamén o traballo que eles como científicos marinos desempeñan.

     MOITAS GRAZAS A MIMA POLO SEU TEMPO E POLA PACIENCIA AMOSADA!!!

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O martes 20 de Outubro o alumnado  de 5 de primaria realizamos unha visita moi interesante a Lourizán. Alí puidemos fixemos un recorrido por todo o seu Xardin Botánico, que posee especies exóticas e autóctonas e foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto e  que reúne aquelas especies plantadas no xardín dende o século XIX ata a actualidade.

Ademais das especies que pola súa importancia a nivel natural, paisaxístico e cultural están incluídas no Catálogo Galego de Árbores senlleiras, coma o cedro do Líbano, a Metasequoia glytostroboides e a formación de castiñeiros xaponeses e chineses, destacan tamén outras especies forestais coma o olmo holandés, as palmeiras raíñas ou a avenida de magnolias.

Despois de camiñar durante casi dúas horas, tomamos a ben merecida merenda nas escaleiras do Pazo, onde viviu Montero Ríos e que foi construido por Jenaro de la Fuente.

En fin, unha visita moi interesante e motivadora para escomenzar a aprender cousas sobre os bosques.

 

   



VISITA A SANTIAGO!

O martes 19, fomos os nenos de 5º e 6º a visitar a Catedral de Santiago.

Antes de ir a ver a Catedral paramos en Padrón a ver a casa de Rosalía de Castro. Vimos o despacho do marido de Rosalía, varias salas onde estaban os libros que publicou, a súa habitación e a cama onde morreu.

Cando acabamos a visita, o autobús viunos recoller para levarnos ao MUPEGA, que é un museo de como eran as escolas antigas.

Logo o autobús levounos á Praza da Quintana, que foi onde comemos. O rematar de comer fomos dar un paseo por Santiago e por fin fomos á Catedral.

Cando entramos Isa, que era a nosa guía, nos ensinou unha foto do Pórtico da Gloria (que non se pode visitar). Logo subimos unhas escaleiras e nos ensinou unha maqueta da Catedral. 

Tamén subimos aos tellados, que eran como escaleiras para que cando atacaban á Catedral poideran subir e baixar con facilidade. Os tellados tiñan almeas, como unha fortaleza.

Vimos un tipo de fonte onde se lavaban os peregrinos. Nesa misma zona vin as campás que roubou Almanzor.

Cando acabamos a visita merendamos e xa nos fomos para casa.

Hai dúas cousas que me encantaron, a primeira foi darlle un abrazo ao Apóstol Santiago e a segunda ver a tumba do Apóstol.

(Texto facilitado polo alumnado)

Para rematar deixámosvos unha montaxe con algúns dos bos momentos compartidos.

 

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

     O día 28 de abril o alumnado de 5º de Educación Primaria visitamos a cidade de Pontevedra.

     Primeiro fomos o Museo Provincial, onde acompañados por dous expertos guías percorrimos as salas adicadas á Prehistoria e Historia Antigua de Galicia. O percorrido resultou moi interesante e instrutivo. Aprendimos moitas cousas sobre a forma de vida e costumes dos nosos antepasados. Ao rematar, e coa axuda dun plano da cidade, recorremos os lugares máis coñecidos da cidade: Praza da Leña, a Ferrería, Igrexa da Peregrina e estatua do loro máis famoso de Pontevedra, o loro  Ravachol, rematando o noso itinerario nas ruínas de Santo Domingo.

   Pasámolo estupendamente e aprendimos moitas cousas tamén.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut