Skip to Content

Orientación

Agradecementos

GRAZAS ao Concello de Xove pola colaboración co Departamento de Orientación do noso cole para que esta xornada tan necesaria tivera lugar.

 

GRAZAS a Autismo Galicia polo seu labor tan importante que está a desempeñar no día a día.

 

GRAZAS a toda a comunidade educativa, sobre todo ás familias que participaron nesta xornada acompañando e apoiando a plena inclusión do noso

alumnado.

 

Esperamos que esta xornada fora do voso agrado e que nos axude a tod@s a concienciarnos e sensibilizarnos creando unha rede de apoio para as

nosas familias.

 

Un saúdo afectuoso!

 

Loly Corrás(XDO)

mfcorras@edu.xunta.gal

Tfo:982870988

 

 

Día Internacional da Síndrome de Asperger

Clica na imaxe para máis información

 

Xornada informativa: coñecendo e acompañando ás persoas con TEA

Ola a tod@s!
Dende o Departamento de Orientación estase a desenvolver durante este curso o
contrato-programa INCLÚE T.
Entre outras actividades programadas, como xa sabedes, vaise levar a cabo unha charla
impartida por Autismo Galicia.
O seu obxectivo prioritario é crear unha rede de apoio para as familias con nenos/as
TEA .
Nesta xornada colabora o Concello de Xove, polo que se van priorizar as familias de Xove
con nenos/as TEA e as familias de Xove con nenos/as que compartan aula co alumnado
TEA, despois xa entrarían as outras familias do Concello de Xove.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e lembramos a importancia de que vos
inscribades ao longo desta semana, para unha mellor organización da xornada, ben a
través das titorías ou ben a través do correo indicado no cartel informativo que se adxunta a continuación.
Un saúdo afectuoso
Loly Corrás (XDO)
mfcorras@edu.xunta.gal
Tfo: 982870988

VOLTA AO COLE!

Máis recursos

Ola de novo!

Hoxe é un día importante para tod@s: POR FIN PODEMOS SAÍR Á RÚA!!!

Déixovos un conto do Oso Goloso que vos pode axudar... porque como ben sabedes, os osos saben moito disto...

PORTADA CONTO

Tamén vos deixo estoutro conto titulado "Una salida especial".

Una salida especial from Beatriz Costo on Vimeo.

 

Espero que vos guste.

Unha aperta enorme!

Coidádevos moito!

Loly Corrás XDO.

GUÍA PARA EL ACOMPAÑAMIENTO EMOCIONAL EN LA INFANCIA DURANTE EL PERÍODO DE CONFINAMIENTO

Máis orientacións nestes tempos de tribulacións. Clicando na imaxe, podedes acceder a dita guía.

Guía recomendacións confinamento

Unha aperta grande para tod@s e moito ánimo.

Loly Corrás XDO.

psiCOVIDa-10

Estimadas familias:
Dende Orientación do noso colexio queremos compartir convosco un documento elaborado por un grupo de psicólogas chamado psiCOVIDa-10, que nos parece de gran utilidade para axudarvos a afrontar esta situación de crise na que nos atopamos.
Dito documento ten en conta a diversidade existente entre entre o alumnado e os distintos tipos de familias.
Tamén tedes AULAS GALEGAS, ademais de pautas e orientacións, materiais de atención á diversidade .
Lembrade que, como sempre dicimos, e máis nestes momentos, é moi importante, ademais de establecer unhas normas, límites e rutinas diarias, a expresión das vosas emocións.
As familias deberedes ser un modelo para os/as vosos/as fillos/as, dando exemplo de como actuar e de como afrontar esta situación axudándolles a verbalizar sentimentos, sensacións,experiencias...
Debedes axudarlles a desenvolver a súa autoconfianza e autoestima valorando positivamente a súa actitude ante unha situación novedosa e chea de inquedanzas.
É importante ser flexibles e ter moita paciencia ante posibles perrechas e enfados que só son produto do medo, cansazo, aburrimento e frustración deste momento.
Debemos ser fortes e como adultos saber conter ás veces as nosas emocións e saber ofrecerlles aos nos@s picariñ@s alternativas de resposta ante determinadas situacións que nestes momentos tocounos vivir.
Para axudarvos nas emocións déixovos tamén un documento en PDF “Amar”. Colorea tu mundo. Palabras Aladas.
E xa, para despedirme, pensade que de todo o malo sempre se pode sacar algo bo e eu,
persoalmente confío en que vai ser así... Estades facendo un esforzo e un traballo impresionante cos/as vosos/as fillos/as, pero pensade tamén que grazas a iso a vosa relación vai saír fortalecida e os vínculos familiares e de toda a comunidade educativa se estreitarán un pouco máis... Moito ánimo que xa queda menos!
Espero que dentro de pouco poderemos volver a escoitar os risos e sentir a emoción de volver a estar xuntos outra vez...
O que vou atopando, que pode ser do voso interese, xa o vou transmitindo, coma sempre, aos titores/as, xa que considero que nestes momentos son unha peza clave para o bo desenvolvemento cognitivo e emocional dos vosos/as fillos/as así como os vínculos máis importantes coas familias pero se algunha familia necesitara dun apoio mais específico de orientación déixovos o meu correo electrónico: mfcorras@edu.xunta.es
Se vos podo axudar en algo non dubidedes en escribirme...
Unha aperta enorme! Espero que vos atopedes tod@s ben!
A Xefa do Departamento de Orientación: Loly Corrás

Distribuir contido


by Dr. Radut