Skip to Content

psiCOVIDa-10

Estimadas familias:
Dende Orientación do noso colexio queremos compartir convosco un documento elaborado por un grupo de psicólogas chamado psiCOVIDa-10, que nos parece de gran utilidade para axudarvos a afrontar esta situación de crise na que nos atopamos.
Dito documento ten en conta a diversidade existente entre entre o alumnado e os distintos tipos de familias.
Tamén tedes AULAS GALEGAS, ademais de pautas e orientacións, materiais de atención á diversidade .
Lembrade que, como sempre dicimos, e máis nestes momentos, é moi importante, ademais de establecer unhas normas, límites e rutinas diarias, a expresión das vosas emocións.
As familias deberedes ser un modelo para os/as vosos/as fillos/as, dando exemplo de como actuar e de como afrontar esta situación axudándolles a verbalizar sentimentos, sensacións,experiencias...
Debedes axudarlles a desenvolver a súa autoconfianza e autoestima valorando positivamente a súa actitude ante unha situación novedosa e chea de inquedanzas.
É importante ser flexibles e ter moita paciencia ante posibles perrechas e enfados que só son produto do medo, cansazo, aburrimento e frustración deste momento.
Debemos ser fortes e como adultos saber conter ás veces as nosas emocións e saber ofrecerlles aos nos@s picariñ@s alternativas de resposta ante determinadas situacións que nestes momentos tocounos vivir.
Para axudarvos nas emocións déixovos tamén un documento en PDF “Amar”. Colorea tu mundo. Palabras Aladas.
E xa, para despedirme, pensade que de todo o malo sempre se pode sacar algo bo e eu,
persoalmente confío en que vai ser así... Estades facendo un esforzo e un traballo impresionante cos/as vosos/as fillos/as, pero pensade tamén que grazas a iso a vosa relación vai saír fortalecida e os vínculos familiares e de toda a comunidade educativa se estreitarán un pouco máis... Moito ánimo que xa queda menos!
Espero que dentro de pouco poderemos volver a escoitar os risos e sentir a emoción de volver a estar xuntos outra vez...
O que vou atopando, que pode ser do voso interese, xa o vou transmitindo, coma sempre, aos titores/as, xa que considero que nestes momentos son unha peza clave para o bo desenvolvemento cognitivo e emocional dos vosos/as fillos/as así como os vínculos máis importantes coas familias pero se algunha familia necesitara dun apoio mais específico de orientación déixovos o meu correo electrónico: mfcorras@edu.xunta.es
Se vos podo axudar en algo non dubidedes en escribirme...
Unha aperta enorme! Espero que vos atopedes tod@s ben!
A Xefa do Departamento de Orientación: Loly Corrás



story | by Dr. Radut