Skip to Content

Orientación

Día Internacional contra o Bullying ou Acoso escolar

 

 

 

 

 

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar co obxectivo de concienciar  sobre o risco do mesmo a nivel mundial, así como buscar estratexias para previlo e para establecer un protocolo de actuación nestes casos.

Nos últimos anos, este "mal da sociedade actual" ten como resultado lamentables consecuencias que poden marcar para sempre a vida non só da vítima, senón de toda a contorna familiar e social, porque a todos e todas, dun xeito directo ou indirecto, nos afecta, producindo rabia, frustración, tristura e impotencia.

Como parte desta sociedade non podemos ser indiferentes diante dunha problemática que afecta a miles de nenos e nenas de todo o mundo.

Desde o noso colexio somos conscientes de que a prevención é fundamental, polo que, ao longo de todo o curso,  traballamos transversalmente apoiándonos no Programa de Benestar Emocional de Centro, pero tamén queremos aportar o noso gran de area nesta data escollida, propoñendo diversas actividades de sensibilización ao alumnado neste mes de maio.

Entre as propostas deste ano: concurso de carteis, creación de lemas, visionado de vídeos e lectura de contos adaptados ás distintas etapas evolutivas, que se traballarán nas titorías.

Seleccionamos catro deles para compartirvos

 

 

 

 

Bolsas NEAE 2024/2025

 

 

 

Máis información no documento adxunto.

Día mundial do Autismo

 

 

 

Estimadas familias:

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer en relevo a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e a visibilización deles como cidadáns e cidadás de pleno dereito.

A campaña deste ano, "Autismo cerca de ti", pretende facer ver que as persoas autistas están ao noso carón, máis preto do que pensamos. Tamén no noso colexio, compartindo aula, tempo de lecer, comedor...

Para facer notoria esta realidade, dende o noso centro realizaremos diversas actividades de sensibilización co noso alumnado ao longo do mes de abril: en Infantil e 1º de Primaria decoraron o símbolo do infinito de moitas cores, representando a variedade de persoas que existen. En 2º, 3º e 4º verán curtametraxes e farán un traballo sobre o tema. En 5º e 6º  tamén farán lecturas sobre o tema e verán unha longametraxe sobre a vida dunha persoa autista moi importante, a zoóloga e profesora Temple Grandin.

Ademais, a biblioteca pon á nosa disposición varios exemplares de libros que desfrutaremos nas nosas aulas.

Compartimos convosco un vídeo moi representativo das distintas realidades do autismo.

Por último, este ano, como en anos anteriores, dende o movemento asociativo de autismo en España, queren que os edificios e monumentos do noso país se iluminen de azul como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias.

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023-2024

O día 08/05/2023 abre o prazo de presentación de solicitudes para as bolsas e axudas a alumnos con necesidade específica de apoio educativo. Máis información no vídeo  e no ficheiro adxuntos.

Exercicios para mellorar a fala

Cando un neno ou nena ten algún tipo de dificultade na fala, podemos realizar diferentes exercicios para traballar a posición dos órganos bucofonatorios, a respiración ou o sopro.

Desde o noso centro propoñemos os seguintes, que podedes descargar no ficheiro adxunto.

Mes da dislexia

O día 8 de outubro celebrouse o Día internacional da Dislexia. Este é un trastorno de aprendizaxe da lectoescritura que se manifesta en preto dun 10 % da poboación. Desde o noso centro traballamos para detectar e atallar as posibles dificultades que aparezan neste sentido.

 

Beca para recibir educación especial complementaria á formación regrada.

Beca para recibir educación especial complementaria á formación regrada.

 

O Ministerio de Educación y Formación Profesional acaba de publicar a resolución pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022/2023. Vai dirixida a alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo derivado de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Tamén ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista e Altas Capacidades.

 

Prazo de presentación: ata o 30 de setembro.

 

Para poder ver a convocatoria preme AQUÍ

Día Mundial contra o Acoso Escolar

 

O Día Mundial contra o Acoso Escolar (en inglés, bullying) ten por obxectivo a visibilización deste grave problema. Desde o noso centro traballamos cada día para previr estas situacións e que ningún neno ou nena se vexa afectado ou afectada.

 

 

Día Mundial do Autismo

Baixo o lema "Unha feliz viaxe pola vida", a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz. Desde o noso centro sumámonos a este día  compartindo uns videos ben interesantes e reflexionando coas palabras do gran experto Ángel Rivière.

 

Día Internacional da Síndrome de Down

 

O día  21 de marzo celébrase en todo o mundo o Día mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración preténdese crear conciencia dentro da sociedade do valor destas persoas; para exemplificalo deixámosvos a continuación o vídeo titulado "El entrevistador" e, ademais,  compartimos tamén un conto para os máis pequenos que esperemos vos guste.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut