Skip to Content

Día mundial do Autismo

 

 

 

Estimadas familias:

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer en relevo a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e a visibilización deles como cidadáns e cidadás de pleno dereito.

A campaña deste ano, "Autismo cerca de ti", pretende facer ver que as persoas autistas están ao noso carón, máis preto do que pensamos. Tamén no noso colexio, compartindo aula, tempo de lecer, comedor...

Para facer notoria esta realidade, dende o noso centro realizaremos diversas actividades de sensibilización co noso alumnado ao longo do mes de abril: en Infantil e 1º de Primaria decoraron o símbolo do infinito de moitas cores, representando a variedade de persoas que existen. En 2º, 3º e 4º verán curtametraxes e farán un traballo sobre o tema. En 5º e 6º  tamén farán lecturas sobre o tema e verán unha longametraxe sobre a vida dunha persoa autista moi importante, a zoóloga e profesora Temple Grandin.

Ademais, a biblioteca pon á nosa disposición varios exemplares de libros que desfrutaremos nas nosas aulas.

Compartimos convosco un vídeo moi representativo das distintas realidades do autismo.

Por último, este ano, como en anos anteriores, dende o movemento asociativo de autismo en España, queren que os edificios e monumentos do noso país se iluminen de azul como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias.



page | by Dr. Radut