Skip to Content

Taboleiro

CONTIGO TODO ENCAIXA

O alumnado de 5º resultou gañador do concurso Hazlo Verde de Leroy Merlín, que nesta edición levaba por lema #Salvemososbosques.

Parabéns polo traballo realizado!! Formades un bo equipo!!!

 

 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as. A totalidade do alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2021/2022 obtén praza no centro.

Debido á protección de datos, esta información pode consultarse dos seguintes xeitos:

  • Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no hall do centro.
  • Telematicamente: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2021 (informarase a través da web).

INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

A Consellería vén de publicar as instrucións definitivas para o desenvolvemento do 3º trimestre e que implican o seguinte:- O curso finalizará o 19 de xuño tal e como estaba previsto.- Desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
- A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.
-  A avaliación e cualificación do alumnado adaptarase, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado.
Para máis información, pódese consultar o documento completo na páxina da Consellería de Educación ou clicando aquí.

HAZLO VERDE: MISIÓN #PLASTICFREE

O alumnado de 6º de Educación Primaria é un dos gañadores da fase autonómica do concurso de sensibilización medioambiental de Leroy Merlín que leva por título "Hazlo verde: misión #PlasticFree".

Imaxe do traballo presentado.

Imaxe do traballo presentado polo alumnado de 6º EP.

Noraboa rapaces/as!!

 

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

O pasado venres, 17 de abril, a Consellería publicou unhas orientacións provisionais polas que se vai desenvolver o 3º trimestre, á espera de que o Ministerio de Educación publique a normativa estatal correspondente.

Pódense consultar clicando aquí.

Todo vai saír ben!

CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN de XOVE

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

O abecedario da Paz. 2019

As nenas e nenos do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, realizaron estas creacións coa imaxe e a palabra, inspiradas en cada unha das 23 letras do abecedario galego, con motivo do Día da Paz.

Día da Paz 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut