Skip to Content

Taboleiro

O colexio de Xove contra a violencia de xénero

Reunións outubro

Aviso inicio comedor escolar

Infórmase que finalmente mañá mércores, 12 de setembro, dará inicio o servizo de comedor escolar con normalidade, de 14:00 a 15:00 horas.

A partir do xoves, día 13, o comedor funcionará en horario de 14:30 a 15:30 horas, durante o mes de setembro.

Inicio das clases Curso 2018-2019

Mércores, 12 de setembro, comezo das clases en Educación Infantil e Educación Primaria. Consultar horarios na porta do centro.

 

HORARIO SETEMBRO/XUÑO     HORARIO OUTUBRO-MAIO
       
   

Calendario Escolar 2018-2019

Alerta escolar

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

Aviso da Comisión Escolar de Alertas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA para o día 27 de febreiro de 2018, a partires das 20.00 h ata as 12.00 h do día 28 de febreiro por NEVADAS con espesores de máis de 5 cm, que afectarán as zonas meteorolóxicas do sur de Ourense, Valdeorras, sur de Lugo e centro de Lugo. Ademais, o aviso será de nivel AMARELO nas montañas de Lugo e Ourense, no noroeste de Ourense e no interior da Coruña e Pontevedra.

A partir das 00 horas do 28 de febreiro incorpóranse ao aviso amarelo o noroeste da Coruña e a costa de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A NON SUSPENSIÓN da actividade docente nin do transporte escolar dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do sur de OurenseValdeorrassur de Lugo e centro de Lugo, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente, extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut