×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Alerta de nivel LARANXA E AMARELA por nevadas os días 27 e 28 de febreiro en Galicia

Mar, 27/02/2018 - 13:22

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA para o día 27 de febreiro de 2018, a partires das 20.00 h ata as 12.00 h do día 28 de febreiro por NEVADAS con espesores de máis de 5 cm, que afectarán as zonas meteorolóxicas do sur de Ourense, Valdeorras, sur de Lugo e centro de Lugo. Ademais, o aviso será de nivel AMARELO nas montañas de Lugo e Ourense, no noroeste de Ourense e no interior da Coruña e Pontevedra.

A partir das 00 horas do 28 de febreiro se incorporan ao aviso amarelo o noroeste da Coruña e a costa de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A NON SUSPENSIÓN da actividade docente nin do transporte escolar dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do sur de OurenseValdeorrassur de Lugo e centro de Lugo, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente, extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

Menú Advertisement

Alertas e avisos

Sen términos