Skip to Content

Xornada informativa: coñecendo e acompañando ás persoas con TEA

Ola a tod@s!
Dende o Departamento de Orientación estase a desenvolver durante este curso o
contrato-programa INCLÚE T.
Entre outras actividades programadas, como xa sabedes, vaise levar a cabo unha charla
impartida por Autismo Galicia.
O seu obxectivo prioritario é crear unha rede de apoio para as familias con nenos/as
TEA .
Nesta xornada colabora o Concello de Xove, polo que se van priorizar as familias de Xove
con nenos/as TEA e as familias de Xove con nenos/as que compartan aula co alumnado
TEA, despois xa entrarían as outras familias do Concello de Xove.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e lembramos a importancia de que vos
inscribades ao longo desta semana, para unha mellor organización da xornada, ben a
través das titorías ou ben a través do correo indicado no cartel informativo que se adxunta a continuación.
Un saúdo afectuoso
Loly Corrás (XDO)
mfcorras@edu.xunta.gal
Tfo: 982870988

AnexoTamaño
programaFamilias_xove-1.pdf455.65 KB


page | by Dr. Radut