Estimadas familias,
O pasado luns 20 de maio saíu publicado no DOG a Orde que regula as solicitudes de axudas para a adquisición dos libros de texto, material escolar e o fondo solidario de libros.
Deixamos aquí a información precisa para realizar as solicitudes.
Normativa: Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20/05/2024)
Destinatarios: alumnado que no curso 2023/2024 estude en Educación Primaria ou ESO.
Prazo de presentación: dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.
Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/)
Documentación:
- Orde que regula a convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0...
- Solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
- Documentación complementaria: anexo II, copia do libro de familia ou documento equivalente e, en caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador
- Enlace á sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&nump...
- Enlace á aplicación Fondolibros da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/