Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Información sobre o proceso de eleccións ao Consello Escolar.

  • Día 2 de novembro: sorteo público dos membros da Xunta Electoral (na secretaría do colexio ás 12:30h).

  • Día 8 de novembro: exposición pública dos censos no taboleiro de anuncios do centro. Reclamacións ata as 14:00 horas do 15 de novembro.

  • Día 9 de novembro: ábrese o prazo para a presentación de candidaturas ata as 14:00 horas do 16 de novembro. (Impresos na dirección do Centro)

  • Día 16 de novembro: publicación dos censos definitivos no taboleiro de anuncios do centro.

  • Día 17 de novembro: exposición pública no taboleiro do centro das candidaturas dos distintos sectores.

  • Día 23 de novembro: votación de pais/nais na entrada do colexio a partir das 16:30 horas e ata as 18:30 horas.

  • Día 24 de novembro: tras celebrar as votación para o sector de nais/pais a fin de elixir os membros representantes no Consello Escolar deste centro, o escrutinio amosou o seguinte resultado:

        • Dª Cristina Lozano Bermúdez.

        • Dª Raquel Romero Tapia.

        • D. Iván Fernández Gómez.

      • A vixencia do seu cargo como representantes no Consello Escolar para o sector de Pais/Nais será de 3 anos, tal e como recolle a normativa.

Libros curso 2021-2022

PROBA

13/01/2022 13:46

A MEDELA TV PRESENTA...

Enlace ao vídeo

CONTIGO TODO ENCAIXA

O alumnado de 5º resultou gañador do concurso Hazlo Verde de Leroy Merlín, que nesta edición levaba por lema #Salvemososbosques.

Parabéns polo traballo realizado!! Formades un bo equipo!!!

 

 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as. A totalidade do alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2021/2022 obtén praza no centro.

Debido á protección de datos, esta información pode consultarse dos seguintes xeitos:

  • Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no hall do centro.
  • Telematicamente: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2021 (informarase a través da web).

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 22 de marzo.

Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II da citada Orde:

  • O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

  • O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro.

O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.

  • No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.

  • No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.

 

ACLARACIÓNS:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

  • A relación de postos escolares ofertados para o curso 2021-2022 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.

  • A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser admitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.

  • Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.

 

O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN VAI DO 1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021.

 

 

        Modelo de solicitude. Anexo II       
               
       ? Manual de axuda para as familias.      
               
      Relación de postos escolares.      
               
      Nota informativa admisión alumnado curso 2020/2021.      

RESERVA PRAZA CURSO 2021/2022 PARA O ALUMNADO DE 6º

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

No caso do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, o centro que lle corresponde ao alumnado de 6º de Primaria é o IES Illa de Sarón. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.

As familias poden facer a reserva de dous xeitos:

  • Cubrindo o impreso que se achega (Anexo I e I bis ) e presentalo na Secretaría do centro dentro do prazo indicado.

  • Cubrindo o modelo a través da aplicación informática “admisionalumnadoa través do menú: Solicitudes>Reserva>Crear.

 

No caso de realizar a solicitude de reserva na aplicación informática, poden optar por:

  • Imprimir o citado formulario e achegalo ao centro educativo.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

BO NADAL

PLAN PROXECTA

Imaxe corporativa Plan Proxecta.

A Consellería vén de publicar na súa web a resolución definitiva dos centros admitidos para a súa participación no Plan Proxecta no curso 2020/2021.

O noso centro participa en dúas modalidades:

- Recíclate con Sogama.

- Protexe os animais.

Distribuir contido


by Dr. Radut