Skip to Content

MENÚ XUÑO

EXPOSICIÓN MICRORREDE A MARIÑA

Do 8 ao 11 de maio terá lugar a exposición da microrrede "EscribirArte na Mariña", na cal participa o noso alumnado, no salón multiusos do Concello de Viveiro. 

Para acceder á información preme na imaxe.

 

Información Nutricoles

Deixamos por aquí a presentación da formación para as familias que se levou a cabo onte no noso centro por parte da nutricionista Natalia de nutricoles. Para descargala só tedes que acceder ao arquivo adxunto.

 

 

 

MENÚ MAIO

FORMACIÓN NUTRICOLES

Estimadas familias,

 

Xa temos data para a formación por parte das nutricionistas da Rede Eco-comedores.

 

Agardámosvos o vindeiro mércores 3 de maio de 16:00 a 17:30 horas.

 

Rede Eco-comedores

O noso centro educativo xa forma parte da Rede Eco-comedores.

Deixamos por aquí un tríptico informativo.

Un saúdo

 

CÓNTAME UN CONTO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse a seguinte actividade:

MENÚ DE ABRIL

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Normativa de aplicación

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

PRAZO:

    • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2023.
    • Solicitude Anexo II (ED550B)
    • Presentación de documentación.
    • O alumnado xa matriculado NON ten que realizar a reserva de praza.

 

MÁIS INFORMACIÓN:                  

ADMISIÓN CURSO 2023 - 2024. RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS CURSO 2023 - 2024

 

  • PRAZO: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro

 

  • A QUEN VAI DIRIXIDO?

          Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no noso centro adscrito: IES Illa de Sarón.

 

 

  • QUE TEÑO QUE PRESENTAR PARA RESERVAR PRAZA?

          A solicitude ED550A debidamente cuberta: (podedes descargar a solicitude aquí)

                    en galego ED550A - G

                    en castelán ED550A - C

 

 

  • ONDE PRESENTO A SOLICITUDE?

          Na secretaría do centro CEIP Pedro Caselles Rollán.

          Mediante a sede electrónica.

          mediante o aplicativo admisión alumnado.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut