Skip to Content

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR (Educación Primaria)

 

Os alumnos do Otero Pedrayo, locutores de radio por un día

Os alumnos de 4º de Primaria do CEIP Otero Pedrayo convertéronse en locutores radiofónicos por un día grazas ao programa Emociónate coa Radio, de Radio Si, que viaxa por varios centros de Galicia para conmemorar a chegada de la radio á comunidade, en 1933.

No programa, que se gravou o luns 10 de outubro, participaron polo noso cole o noso director Víctor Manuel Casal e a profesora de 4º de Primaria, Susana Gallego. Os alumnos entrevistaron ao Presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; ao escritor e director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e finalmente, á periodista Lara Graña e ao noso director, Víctor Manuel Casal.

No seguinte vídeo podedes ver unhas imaxes e vídeos da sesión. Ah, e non esquezades darlle a "like".Guay

Somos centro Edixgal

Información relevante sobre o programa E-Dixgal.

Este ano somos centro Edixgal. Pode coller a información facendo click na imaxe.

Calendario escolar 22/23

Graduación 2021/2022

   
Distribuir contido


by Dr. Radut