try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Otero Pedrayo
Sembra nos nenos boas ideas, aínda que non as entendan... O tempo encargarase de descifralas no seu entendemento e faranas florecer no seu corazón.

Merendando libros

Con motivo da celebración do día do libro, durante os recreos desta semana a biblioteca múdase ao patio.

Deste xeito todos os que queiran amenizar o tempo de recreo coa lectura dalgúns contos escollidos na biblioteca e repartidos en varios caixóns polo patio, poderán facelo.

E por suposto temos que agradecerlle a súa labor aos encargados da biblioteca, pois foron eles os que axudaron a montar esta biblioteca móbil.

As táboas de Miliki

En segundo de primaria estamos iniciando o estudo da multiplicación. Para memorizar as táboas estamos aprendendo unhas cancións moi divertidas.

Aquí vos deixamos as ligazóns para que poidades cantalas e bailalas na casa.  

 

Menú comedor Abril

Menú comedor Abril

Chega o menú de Abril!

Xa estamos rematando o trimestre. Así que con esté mes tedes un menú variado. Un pouquiño do segundo trimestre e outro pouquiño do terceiro. Guiño

 

Menú comedor Marzo

Menú comedor Marzo

Despois das enchentas de postres de entroido, toca volver a comer de forma máis sá.

Para iso temos aquí o menú do comedor correspondente ao mes de Marzo que poderán disfrutar todos os nosos comensais.

Bo proveito!

O cole conxelado (Segunda parte)

Aproveitando que estamos no entroido, temos unha sorpresiña para vos.

Aquí tedes o video que vos prometéramos hai un tempiño da segunda parte do Mannequin Challlenge do cole.

Disfrutade vendo os maniquís que temos no cole.

Unha visita moi animal!

Hoxe, na víspera da celebración do entroido tivemos unha visita moi especial.

Sobran as palabras, coas imaxes ides a entender perfectamente o que queremos dicir :)

Moitas grazas á familia de Manuel (4 anos) e Alejandra(4º de primaria) por prestarse a traer os seus cabalos ao colexio. Quedamos todos encantados!

O reto do maniquí: o cole conxelado!

O colexio uniuse ao reto "Mannequin challenge" e aquí tedes o resultado.

Deste xeito tan orixinal poderedes ver as instalacións do noso cole.

Ainda así, esto non queda aquí, para deixarvos co "gusanillo" soamente colgamos a primeira parte do cole (primeira planta, entrada e patio), así que estade atentos, porque próximamente colgaremos o resto :)

Distribuir contido