Skip to Content

6º Curso

Canal "Dicímoscho nós!! en Youtube.

Durante este curso, en 6º de primaria, creamos un canal en Youtube (Dicímoscho nós!!), no que o alumnado protagonizou unha serie de vídeos onde nos resolven dúbidas sobre o noso idioma.

Despedida alumnado de sexto do curso pasado.

O pasado mes de setembro puidemos facer por fin a merecida despedida do alumnado de sexto do curso anterior, que non se puido facer no seu momento por mor do coronavirus.

No acto tiveron a oportunidade de ver en primicia o vídeo resumo do curso anterior.

Logo, á saída do centro todo o alumnado do cole cantoulles unha canción, para log recibir unhos agasallos do alumnado de sexto deste ano.

Finalmente, fixémonos unhas fotos con eles e despedímonos desexándolles o mellor para esta nova etapa que acaban de comezar.

Grafiti 6º curso

O día 1 de xullo realizouse, por iniciativa da ANPA do cole, un grafiti a xeito de despedida do alumnado de sexto curso. O grafiteiro encargado foi "Dusem", que explicou aos rapaces a arte do grafiti e recibiu ideas para o debuxo final. O lema escollido era unha frase moi repetida polo profe Xan ("Os nenos, o noso maior tesouro").

Ao rematar o grafiti, tamén puideron practicar eles mesmos cos sprais en cartóns.

Con esa actividade puxemos fin a este curso escolar tan raro e diferente, coa esperanza de que o seguinte sexa mellor.

Bo verán a tod@s!

Sementando leitugas

Sementando leitugas.

Irene, Paula e Yago, de 6º curso, gravaron este titorial para o cultivo da leituga, como parte dun traballo de Ciencias Naturais no que tiñan que elaborar unha guía para sementar diferentes hortalizas.

Titorial en vídeo para sementar tomates.

Marta, Hugo e Mateo, de 6º curso, gravaron este titorial para o cultivo do tomate na primeira semana de marzo deste ano, como parte dun traballo de Ciencias Naturais no que tiñan que elaborar unha guía para sementar diferentes hortalizas.

ACTIVIDADES PARA SEXTO DE PRIMARIA

Mentres dure a suspensión das clases, as tarefas para sexto de primaria serán subidas por cada un dos mestres á plataforma Google Classroom.

Á plataforma poden acceder, dende o pasado venres, tanto os alumnos de 6º como as súas familias.

As actividades serán variadas, iranse subindo progresivamente para non saturar ao alumnado nin ás familias, e incluirán:

  • Diario de confinamento.
  • Manexo da axenda
  • Investigacións
  • Experimentos
  • Resolución de enigmas
  • Redaccións
  • Receitas
  • Manualidades
  • Lecturas diversas
  • Técnicas de estudo (esquemas, resumos, organizadores gráficos...)
  • Tradución de cancións
  • Actividades interactivas
  • Tests e cuestionarios on line.
  • Iniciación con aplicacións para facer presentacións
  • Correos electrónicos
  • Comunicación a través da app de chat Hangouts
  • Podcasts
  • Actividades con procesadores de texto (Google Docs, LibreOficce)
  • Manexo de Drive
  • Mecanografía
  • Elaboración de coreografías
  • Rutinas de exercicio físico guiadas por vídeos
  • Retos motrices
  • Xogos e propostas lúdicas.

Todas as actividades resultan moi recomendables, e axudan a manter certas rutinas, pero de momento son de carácter voluntario.

Google Classroom pode usarse vía web ou ben a través da app dispoñible para Android e IOS.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.google.android.apps.classroom&hl=es

https://apps.apple.com/mx/app/google-classroom/id924620788

Moito ánimo!

A CHAVE DO MUNDO (6º de primaria)

A partires do poema "A fala", de Manuel María, o alumnado de 6º de primaria fixo este recitado en grupo no patio do colexio.

Esta actividade enmárcase dentro da Área de Lingua Galega e das actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística.

Distribuir contido


by Dr. Radut