Fotos da fantástica exposición de gatos negros realizada no centro coa colaboración e inmensa creatividade (un ano máis) das familias do noso alumnado. Grazas e parabéns!
O derradeiro día do trimestre entregamos os premios do I Concurso de contos terroríficos celebrado no Samaín deste ano, e no que participaban os cursos de 5º e 6º de primaria.
Os gañadores foron Juan Bruno e Leire, de 5º curso. Parabéns para eles!!
O mércores 30 celebramos a Festa do Samaín. E ademais da espectacular exposición de castelos terroríficos durante toda a semana, o propio mércores tivesmo diversas actividades:
Obradoiro de maquillaxe/pintacaras.
Obradoiro de manualidades de Samaín.
Obradoiro de creación de marcapáxinas de medo.
Circuíto terrorífico no ximnasio.
Curtas de medo pola tarde.
Ademais, en cada obradoiro, cada grupo ía recollendo unha chave, co fin de atopar a correcta que servise para abrir o maletín no que os trasnos agocharan a chave do comedor...
O mércores celebramos o Samaín no colexio con actividades terroríficamente divertidas:
Recitado de poemas de terror.
Disfraces de cabazas.
Exposición de morcegos.
Brincadeiras e xogos.
Sesións de cinema.
Picando na primeira imaxe podedes ver o álbum con fotos e vídeos dalgunhas destas actividades, e na segunda tedes unha videomontaxe resumo do noso Samaín.
A pasada semana, para celebrar a Semana das Bibliotecas, tivemos con nós a Anxo Moure, un contacontos que realizou dúas sesións, para que todo o alumnado puidese disfrutar dos contos para coidar a terra, e aprender a protexela, por exemplo, dos incendios forestais. E no recreo amosounos a súa bibliocicleta chea de contos para gozar durante o recreo. Que ben o pasamos!!