Skip to Content

VACANTES

AVISO "POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO ACADÉMICO NOS NIVEIS DE ENSINO AOS QUE SE REFIRA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN"

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos)

22+3* NEAE

5º (4 anos)

18

6º (5 anos)

19

EDUCACIÓN PRIMARIA

Primeiro

16+3* NEAE

Segundo

13

Terceiro

20

Cuarto

20

Quinto

14

Sexto

18

(*) Prazas reservadas para posible escolarización pola Comisión de escolarización de alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

SAÍDA O AUDITORIO

COMUNICACIÓN SAÍDA AUDITORIO

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil (3, 4 e 5 anos), ten programada unha actividade de teatro de monicreques no Auditorio municipal de Ourense titulada OS NARIGUDOS; será o día 3 de marzo ás 12:00 horas, polo que voltaremos ao colexio para o xantar.

 O prezo da actividade é 1€ por alumno, e, cada un/unha abonará 2€ para axuda de transporte. Pregamos que traian os 3€ o luns 23 de febreiro pois hai que facer o ingreso unha semana antes da actividade.

 

Grazas, un saúdo.

 

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

Durante o primer trimestre foron numerosas as actividades que realizaron @s nos@s alumn@s. Se premedes nos seguintes enlaces poderedes atopar as imaxes correspondentes a cada unha...

Degustación froitos de Outono (Educación Infantil)

Taller de cociña- Boniatos (Educación Infantil)

Día das Bibliotecas

Samaín- Meig@s voador@s (Educación Infantil)

San Martiño

Deporte Escolar

Árbores de Nadal

Festival de Nadal

MENÚ DE XANEIRO

Se premedes na imaxe ou no seguinte enlace poderedes atopar o Menú para este mes de Xaneiro

 

FELIZ ANO NOVO!

 

 

 

FELIZ ANO 2015!!

DESEXARVOS UN FELIZ ANO A TOD@S E QUE ESTE ANO QUE COMEZA SEXA IGUAL OU MELLOR QUE OS QUE PASARON. 

LEMBRARVOS QUE AS CLASES COMEZAN O XOVES 8.

Menú de Decembro

Xa está dispoñible o Menú de Decembro; podedes facel click na imaxe ou no seguinte enlace

Menú de Novembro

Se pinchades na imaxe poderedes aceder ao Menú de Novembro ou no seguinte enlace

Menú de Outubro

Xa tendes dispoñible o menú do mes de Outubre. Podedes pinchar no Pitufo ou no seguinte enlace para poder velo.

 

MENÚ DE SETEMBRO!

MENÚ DE SETEMBRO!

CURSO 2014-2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!

CURSO 2014-2015

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2014-2015

Lembrámosvos as datas das reunións cos titores do alumnado que cursa primaria:
- Martes, 7 de outubro de 2014: 1º e 2º de E. Primaria
- Mércores, 8 de outubro de 2014: 3º e 4º de E. Primaria
- Xoves, 9 de outubro de 2014: 5º e 6º de E. Primaria

Todas as reunións comezarán ás 16:30 horas; é dicir, ao remate das clases.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/2015

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL (CURSO 2014/2015)

CONVOCATORIA: Orde do 28 de maio de 2014 (DOG 30 de maio)

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 2 de xullo (ámbolos dous incluídos).

LUGAR DE RECOLLIDA E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Secretaría do Centro. No caso de non poder acudir ponerse en contacto co colexio.

CONTÍA DAS AXUDAS:
Familias monoparentais:
• Renda per capita familiar ata 6.000€: 170 €.
• Renda per capita familiar desde 6.000, 01 ata 9.000 €: 90 €.
Resto das familias:
• Renda per capita familiar ata 5.400€: 170 €.
• Renda per capita familiar desde 5.400, 01 ata 9.000 €: 90 €.
Educación especial ou minusvalidez do alumno = ou > 65% 250 € en todo caso.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
• Fotocopia do libro de familia con todos os membros ou documento que acredite os membros da unidade familiar. Se hai algunha situación distinta (separacións, divorcio, etc..) deberá presentar, ademais, documentación xustificativa (situación familiar a 31 de decembro de 2012).

CÁLCULO DA RENDA PER CAPITA: Exercicio Fiscal 2012 das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos e sumando os recadros 455 (base imponible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) de cada declaración E TODO ISTO DIVIDIDO ENTRE O NÚMERO DE MEMBROS QUE COMPOÑEN A UNIDADE FAMILIAR (PAIS E FILLOS) .

RECOLLIDA DOS VALES ENTRE O DIA 30 DE XUÑO E 4 DE XULLO NA SECRETARIA DO CENTRO.

Día da Árbore 2014

 

Este ano celebramos o Día da Árbore plantando algunhas coa axuda dos gardas forestais na aldea de Bergueira (Trasalva) . Estivemos atentísimos as charlas que nos deron sobre a fauna e a flora do noso medio ambiente e tamén tivemos a sorte de que a TVG nos fose a grabar como podedes ver neste video que fixeron para o Galicia Noticias.

Menú de marzo dispoñible.

Xa tedes o menú de marzo na sección do comedor. Fai click na foto do Pitufo  ou na palabra subliñada e irás directamente a ver o menú.

Distribuir contido


by Dr. Radut