Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL 2017

Se facedes clic na imaxe poderedes ver as fotos do festival de Nadal deste ano 2017 que xa camiña con bastón. Unha vez máis, os nosos artistas demostraron do que son capaces. Agardamos que sexan do voso agrado e desexámosvos un moi feliz aninovo.

Tempo de Nadal

Neste mes de decembro, o cole vestiuse de Nadal...

Teatro contra o abuso infantil

Mirade as fotos e vídeos da saída realizada por parte do noso alumnado o martes 12 de decembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a obra Pum Pum, de Baobab Teatro.

Un espectáculo onde o guión trata un tema moi delicado (os abusos), e que ofrece diferentes lecturas, según quen o estea vendo: Para os pais/nais lánzase unha mensaxe, hai que estar atentos aos nosos/as fillos/as e sobre todo, transmitámoslles que ninguén pode facer nada sen o seu consentimento; para os/as  nenos/as, lanzamos unha mensaxe, non gardes un mal segredo, cóntao e pesará menos.

Despedindo á profe Eva.

Fotos da despedida da profe Eva clicando na imaxe.

Campo a través 2017 - (1ª xornada)

Gran xornada deportiva a pesares do intenso frío que nos acompañou no Puzo do Lago.

Parabéns a tódolos participantes do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 3 medallas!

Podedes ver as clasificacións na web da Agrupación Deportiva Arenteiro.

E as fotos clicando na imaxe.

Montamos un RESTAURANTE LITERARIO no cole!!

O Equipo de Dinamización Lingüística coordinou como actividade de animación á lectura, a  montaxe  dun restaurante literario, en colaboración co equipo de biblioteca. Un restaurante moi especial no que os distintos menús foron  elaborados e decorados polo alumnado a partir de parágrafos de libros relacionados coa comida ou a alimentación. Ata temos un riqúisimo menú do día!!

Accede ás fotos pinchando na imaxe.

Mirade os vídeos dos xogos do Magosto deste ano!

 Clic na imaxe para ver os vídeos.

Fomentando a corresponsabilidade.

O pasado venres 24 de novembro, en vísperas do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, os alumnos do CPI de Cambeo e os de 5º e 6º do noso centro, realizaron unha actividade coeducativa, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, xa que son cousa de todos. Así puideron facer camas, limpar unha habitación, cociñar... e finalmente tomar un riquísimo aperitivo con canapés, pizza e cócteles saudables.

A actividade foi organizada polo CIM da Mancomunidade de Sta. Águeda, coa colaboración do IES de Vilamarín. Agradecementos a ambos pola organización deste tipo de actividades tan necesarias aínda hoxe. 

Accede ás fotos facendo clic na imaxe.

A CHAVE DO MUNDO (6º de primaria)

A partires do poema "A fala", de Manuel María, o alumnado de 6º de primaria fixo este recitado en grupo no patio do colexio.

Esta actividade enmárcase dentro da Área de Lingua Galega e das actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística.

MAGOSTO 2017

No Magosto 2017 tivemos a tradicional Carreira do San Martiño, xogos con castañas, xogos tradicionais, menú especial de magosto con bolos preñados, e por suposto, castañas. Pasámolo en grande!!

Clic nas medallas para ver as fotos... e tamén os vídeos!!

 

Samaín 2017

Aquí tedes as fotos das actividades que fixemos durante a semana do Samaín:

  • Exposición de arañas terroríficas.(Graciñas ás familias pola colaboración na elaboración das arañas, conseguindo unha exposición espectacular).
  • Exposición de libros de medo.
  • Sesión de cinema.
  • Xogos: "o ollo de vaso en vaso" e  "a busca dos tesouros".
  • Photocall de antifaces.

Picade na imaxe para acceder a todas as fotos.

Contos da terra, con Anxo Moure

A pasada semana, para celebrar a Semana das Bibliotecas, tivemos con nós a Anxo Moure, un contacontos que realizou dúas sesións, para que todo o alumnado puidese disfrutar dos contos para coidar a terra, e aprender a protexela, por exemplo, dos incendios forestais. E no recreo amosounos a súa bibliocicleta chea de contos para gozar durante o recreo. Que ben o pasamos!!

Pica na imaxe para ver todas as fotos.

PRIMEIROS DÍAS DO CURSO 2017-18

Vídeo coas imaxes dos primeiros días de curso...

INSTRUCIÓN RECOLLIDA ALUMNOS

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018

Distribuir contido


by Dr. Radut