Skip to Content

Día da árbore e a auga 2018

Imaxes da celebración do día da árbore e da auga, con diferentes actividades:

- Lectura e actividades diversas a partir do material enviado pola Deputación de Ourense.

- Plantación dun salgueiro no patio.

- Plantación doutra árbore en Trasalba.

- Solta de animais nesa mesma zona.

 

Experimentando con BIO-diversión

O pasado 23 de marzo, o alumnado de quinto e sexto curso, puideron experimentar coa ciencia dentro da actividade "BIO-diversión" grazas á presenza de dúas científicas do Instituto de Investigacións agrobiológicas de Galicia. Ver fotos clicando na imaxe.

Coelliños de Pascua en Infantil !!

Accede ás fotos dos nosos coelliños clicando na imaxe.

 

Xornada de EDUCACIÓN VIAL 2018

Para ver as fotos da xornada de educación vial do pasado luns, 19 de marzo, clicade na imaxe.

Campionato comarcal de bádminton 2018

Hoxe mércores, 7 de marzo, o noso colexio participou con outros 5 centros da comarca no campionato comarcal de bádminton alevín, no que o pasaron moi ben, competiron con deportividade e aínda por enriba, Saray Carneiro conseguiu medalla ao quedar 3ª clasificada comarcal. Parabéns a todos os participantes.

E o cole vestiuse de branco!!!

Este pasado 28 de febreiro o noso centro amaneceu cuberto cun fermoso manto branco... E tomamos unhas fotos para a lembranza.

Podedes ver o video que montamos cas fotos, ou clicar na imaxe de abaixo para velas todas.

 

CONTO DE NADAL (Teatro festival 2017)

Xa podedes disfrutar da obra de teatro completa, que tan brilllantemente representou o noso alumnado no pasado festival de Nadal. Agardamos que a disfrutedes.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN. CURSO 2018-2019

DESDE O 1  ATA O 20 MARZO PODERANSE PRESENTAR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN  DEBIDAMENTE CUBERTAS E ASINADAS (ANEXO II).

 

Teatro no Auditorio de Ourense

Clic na imaxe para ver as fotos do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria que foron ao teatro hoxe luns 26 de febreiro.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES 2018

Fotos das xornadas de xogos populares que tivemos no centro durante este mes, impartidas por Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas xornadas os nenos puideron aprender e difrutar con xogos e enredos tradicionais como a birolla, os bolos/birlos, xoguetes feitos con canas ou con material de refugallo...

 

ENTROIDO 2018

Todas as fotos clicando na imaxe.

DÍA DA PAZ 2018

Actividades realizadas (ver fotos clicando na imaxe de abaixo):

- Mural plurilingüe no que o alumnado expresou o que ve cando pensa na paz.

- Poemas pola paz (infantil).

- Bosque da paz: penduramos nas árbores do patio botellas con mensaxes e desexos de paz.

- Canción pola paz. (ver video).

- Recitado de poemas (infantil).

- Conto pola paz (4º curso EP).

RESULTADOS AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA

Final comarcal de campo a través_2017-18

Fotos da final de campo a través clicando na imaxe:

Vídeos - Festival de Nadal 2017.

Nas vindeiras semanas poderedes ir vendo aquí os vídeos do Festival de Nadal.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut