Skip to Content

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Para o desenvolvemento da actividade contamos con porfesorado de ambos centros, e tamén coa colaboración voluntaria do noso alumando de 3º ciclo (5º-6º de primaria), que dinamizou cada unha das zonas de xeito semiautónomo, facendo as delicias dos máis pequenos. 

Finalmente, xantaron todos xuntos e recibiron unha medalla conmemorativa do evento.

Agradecemos ao colexio de Boborás a súa participación con nós nesta actividade, agardando podela repetir en cursos vindeiros.

E tamén temos que agradecer unha vez máis á ANPA do centro pola súa colaboración coa estupenda merenda de media mañá que nos prepararon.

Ver fotos.



page | by Dr. Radut