Skip to Content

Iniciándonos no IOGA

Visita IES Xulio Prieto Nespereira.

Campionato "Xogando ao atletismo" 2023

 

Festival das Letras Galegas 2023

Fotos do Festival das Letras Galegas celebrado o pasado venres.
Houbo música, bailes, coplas, refráns... e ata unha voda!!!
 

 

Obradoiro de fabricación de discos voladores.

A comezo deste mes de maio, en 5º e 6º aplicaron o aprendido en matemáticas para fabricar discos voladores cos que logo saíron a xogar.

Fondo solidario- curso 2023-2024

Orde do 10 de maio de 2023 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2023/24.

O alumnado de 1º e 2º do curso que vén recibirá vales de axuda aos libros de texto.

O alumnado de 3º, 4º de educación primaria terá que solicitar libros do fondo de libros.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibirá un ordenador do programa Edixgal e só poderá solicitar axuda para material.

Só se cumprimentará un impreso por familia neste centro.

O prazo de presentar as solicitudes rematará o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Este é o enlace por se queredes tramitar esta solicitude vía telemática: ED330B

 

Excursión fin de curso ao Ecoparque Multiaventura Atalaia.

Fotos excursión fin de curso ao Ecoparque.

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro 2023.

Fotos torneo minibalonmán intercentros celebrado no Carballiño dentro do programa Xogade. (Clic na imaxe para ver as fotos).

Día mundial da hixiene de mans.

O alumnado de infantil aprendeu un feixe de cousas no Día mundial da hixiene de mans.

Contacontos con Sabela.

Sesión de contacontos en infantil coa sempre fantástica Sabela. (Clic na imaxe para acceder a todas as fotos.)
 

 

Facemos capoeira con Adel para celebrar o Día da Educación Física.

O alumnado de primaria puido disfrutar o mes pasado dunha estupenda sesión de capoeira con Adel, celebrando así o Día da Educación Física. Aprendemos moitas cousas sobre esta arte marcial que mestura danza, acrobacias e música.

Día do libro 2023 (con Feira do libro incluída!).

Fotos da celebración do Día do libro, no que tivemos unha feira onde o alumnado canxeou vales por libros.

Coñecendo o mel de Galicia.

Interesante charla sobre o mel, a súa elaboración e as súas propiedades, en especial as do mel de Galicia. (Clica na foto para acceder ao álbum).

Admisión alumnado 2023-2024

Todas as persoas solicitantes de praza para o curso 2023-2024, no prazo establecido, obtiveron praza.

Blog da biblio do Faragullas.

Lembrade que tedes máis info, fotos e vídeos das nosas actividades no blog da biblioteca:

https://bibliofaragullas.blogspot.com/?m=1

Distribuir contido


by Dr. Radut