O derradeiro día do trimestre entregamos os premios do I Concurso de contos terroríficos celebrado no Samaín deste ano, e no que participaban os cursos de 5º e 6º de primaria.
Os gañadores foron Juan Bruno e Leire, de 5º curso. Parabéns para eles!!
Con motivo do Día das bibliotecas escolares, os alumnos e alumnas do colexio recomendáronnos, en forma de debuxo, o seu libro favorito. Neste video podedes ver esas recomendacións. Desfrutade da lectura!!
Comezamos xa coas mochilas viaxeiras deste curso...!! E así, cos contos de Pedro Brandariz e cas mochilas viaxeiras, damos por concluídos os actos de apertura da biblio e tamén a celebración do Día das Bibliotecas. Felices lecturas!!!
Hoxe mércores, 23 de outubro, realizamos o acto de apertura da biblioteca escolar, e para elo contamos coa presenza de Pedro Brandariz, coñecido humorista pola súa participación habitual en programas como Luar, da TVG.
Contou varias historias que tiñan como valor fundamental a igualdade de xénero, e algúns alumnos participaron como actores e actrices protagonistas de ditos contos. Pasárono estupendamente!!
O venres 31 de maio o alumnado de infantil puido disfrutar dunha divertidísima contada de contos con Sabela, enmarcada dentro das actividades de animación á lectura programadas para este curso escolar. Mirade as fotos para ver o ben que pasaron!
O pasado martes, 23 de abril, celebramos o Día do libro con diversas actividades, destacando os apadriñamentos lectores, nos que os maiores contaban aos máis pequenos distintos contos seleccionados previamente da nosa biblioteca.
O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este vídeo amosa algunha das actividades que realizamos neses días. Sirva este vídeo hoxe, 8 de marzo, como homenaxe para todas as mulleres, no seu día máis reivindicativo.