Skip to Content

Fomentando a corresponsabilidade.

O pasado venres 24 de novembro, en vísperas do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, os alumnos do CPI de Cambeo e os de 5º e 6º do noso centro, realizaron unha actividade coeducativa, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, xa que son cousa de todos. Así puideron facer camas, limpar unha habitación, cociñar... e finalmente tomar un riquísimo aperitivo con canapés, pizza e cócteles saudables.

A actividade foi organizada polo CIM da Mancomunidade de Sta. Águeda, coa colaboración do IES de Vilamarín. Agradecementos a ambos pola organización deste tipo de actividades tan necesarias aínda hoxe. 

Accede ás fotos facendo clic na imaxe.

A CHAVE DO MUNDO (6º de primaria)

A partires do poema "A fala", de Manuel María, o alumnado de 6º de primaria fixo este recitado en grupo no patio do colexio.

Esta actividade enmárcase dentro da Área de Lingua Galega e das actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística.

MAGOSTO 2017

No Magosto 2017 tivemos a tradicional Carreira do San Martiño, xogos con castañas, xogos tradicionais, menú especial de magosto con bolos preñados, e por suposto, castañas. Pasámolo en grande!!

Clic nas medallas para ver as fotos... e tamén os vídeos!!

 

Samaín 2017

Aquí tedes as fotos das actividades que fixemos durante a semana do Samaín:

  • Exposición de arañas terroríficas.(Graciñas ás familias pola colaboración na elaboración das arañas, conseguindo unha exposición espectacular).
  • Exposición de libros de medo.
  • Sesión de cinema.
  • Xogos: "o ollo de vaso en vaso" e  "a busca dos tesouros".
  • Photocall de antifaces.

Picade na imaxe para acceder a todas as fotos.

Contos da terra, con Anxo Moure

A pasada semana, para celebrar a Semana das Bibliotecas, tivemos con nós a Anxo Moure, un contacontos que realizou dúas sesións, para que todo o alumnado puidese disfrutar dos contos para coidar a terra, e aprender a protexela, por exemplo, dos incendios forestais. E no recreo amosounos a súa bibliocicleta chea de contos para gozar durante o recreo. Que ben o pasamos!!

Pica na imaxe para ver todas as fotos.

PRIMEIROS DÍAS DO CURSO 2017-18

Vídeo coas imaxes dos primeiros días de curso...

INSTRUCIÓN RECOLLIDA ALUMNOS

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018

LEMBRADE

 

 

Resultado de imagen de dibujo niño pensando matematicas

 

 

O VINDEIRO LUNS DÍA 11 DE SETEMBRO EMPEZAN DE NOVO AS CLASES. 

O HORARIO SERÁ DE 9:15 ATA AS 14:15 SEN COMEDOR OU ATA AS 15:15 CON COMEDOR.

ESTE HORARIO É PARA TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA; 6º DE INFANTIL (5 ANOS) E 5º DE INFANTIL (4 ANOS).

OS ALUMNOS/AS DE 4º DE INFANTIL (3 ANOS) TERÁN O PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

 

 

MENÚ SETEMBRO 2017

CURSO 2017-2018!

Resultado de imagen de benvidos

COMEZAMOS!

Resultado de imagen de benvidos

Fotos e vídeos do acto de graduación - curso 16-17

Engadimos ao álbum do acto de graduación 2 vídeos :

Clicade na imaxe para ver as fotos.

COLABORADORES/AS COMEDOR. CURSO 2017-2018

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS. CURSO 2017-2018

OS LIBROS E OS VALES PODEREDES VIR A RECOLLELOS ENTRE O LUNS, MARTES E MÉRCORES DESTA SEMANA.

OS QUE NON POIDADES VIR A RECOLLELOS NESTES DÍAS PODEREDES FACELO EN SETEMBRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut