Skip to Content

Xogando ao atletismo_2018

O martes 22 de maio, participamos no Campionato comarcal da actividade "Xogando ao atletismo", na que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun espectacular día de sana competición interescolar.

Tivemos actuacións moi destacadas, especialmente en salto horzontal e relevos con valos. Ademais, na clasificación xeral, quedamos quintos en categoría benxamín e terceiros en alevín. Parabéns a tod@s!!

Accede ás fotos clicando na imaxe.

Listaxe definitiva de alumnado

DÍA DO LIBRO 2018

       VER FOTOS.

Charla sobre primeiros auxilios para o profesorado.

O martes 24 de abril, o profesorado do centro recibiu unha charla sobre primeiros auxilios, podendo realizar tamén algunha práctica básica de RCP (reanimación cardiopulmonar).

A formación foi impartida por Sara Rguez, médico de urxencias sanitarias; e por Elías Hermelo, técnico en emerxencias sanitarias. Dende o centro agradecemos a Sara e a Elías a formación gratuita recibida, e agardamos contar con eles para vindeiras colaboracións.

Ver fotos clicando na imaxe.

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro-2018

O mércores 25 de marzo tivo lugar o Torneo anual de minibalonmán alevín no polideportivo Paco Chao do Carballiño. Participaron un total de 7 equipos de centros da comarca do Arenteiro, conseguindo o noso colexio un meritorio 4º posto, ademais dun comportamento e actitude estupenda, coma sempre. Parabéns a todos os participantes. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Listado provisional de admitidos. Curso 2018-2019

No seguinte arquivo, aparece a listaxe de alumnado admitido de forma provisional para o vindeiro curso académico 2018/2019. As listaxes definitivas sairán o 14 de maio.

     Lémbrase que o período de matrícula para o vindeiro curso, vai dende o 20 ata o 30 de xuño.

Torneo fútbol-sala 2018

Hoxe martes, 17 de abril, os benxamíns e alevíns do noso centro participaron no torneo de fútbol-sala co colexio de Cambeo. Foi un torneo diferente ao habitual, xa que en cada equipo había unha mestura de alumn@s de ambos colexios. Así, case 200 rapaces participaron neste evento no que a convivencia e a diversión foron os principais obxectivos.

DÍA DA MULLER 2018

Imaxes de algunhas das actividades realizadas para celebrar o Día da Muller:

  • Mural conmemmorativo do Día da Muller elaborados polo alumnado con retratos e textos de autoras galegas.
  • Exposición de libros nos que as protagonistas e/ou as autoras son mulleres.

Día da árbore e a auga 2018

Imaxes da celebración do día da árbore e da auga, con diferentes actividades:

- Lectura e actividades diversas a partir do material enviado pola Deputación de Ourense.

- Plantación dun salgueiro no patio.

- Plantación doutra árbore en Trasalba.

- Solta de animais nesa mesma zona.

 

Experimentando con BIO-diversión

O pasado 23 de marzo, o alumnado de quinto e sexto curso, puideron experimentar coa ciencia dentro da actividade "BIO-diversión" grazas á presenza de dúas científicas do Instituto de Investigacións agrobiológicas de Galicia. Ver fotos clicando na imaxe.

Coelliños de Pascua en Infantil !!

Accede ás fotos dos nosos coelliños clicando na imaxe.

 

Xornada de EDUCACIÓN VIAL 2018

Para ver as fotos da xornada de educación vial do pasado luns, 19 de marzo, clicade na imaxe.

Campionato comarcal de bádminton 2018

Hoxe mércores, 7 de marzo, o noso colexio participou con outros 5 centros da comarca no campionato comarcal de bádminton alevín, no que o pasaron moi ben, competiron con deportividade e aínda por enriba, Saray Carneiro conseguiu medalla ao quedar 3ª clasificada comarcal. Parabéns a todos os participantes.

E o cole vestiuse de branco!!!

Este pasado 28 de febreiro o noso centro amaneceu cuberto cun fermoso manto branco... E tomamos unhas fotos para a lembranza.

Podedes ver o video que montamos cas fotos, ou clicar na imaxe de abaixo para velas todas.

 

CONTO DE NADAL (Teatro festival 2017)

Xa podedes disfrutar da obra de teatro completa, que tan brilllantemente representou o noso alumnado no pasado festival de Nadal. Agardamos que a disfrutedes.

Distribuir contido


by Dr. Radut