Skip to Content

Instrumentos insólitos no Auditorio de Ourense.

Hoxe martes 4/12/2018, achegámonos ao Auditorio de Ourense para asistir a un espectáculo musical do dúo Fetén fetén, que resultou moi orixinal e baseado en instrumentos insólitos, procedentes de distintas partes do mundo, xunto con outros fabricados cos materiais máis diversos. Bailamos un montón e pasámolo xenial.

San Martiño 2018 en Ourense

Orgullosos das nosas e dos nosos atletas, cos que hoxe disfrutamos dunha estupenda xornada deportiva en Ourense na carreira do San Martiño.

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

Nos libros, TODO é posible!!

Laura e Paula, cantan e bailan (con coreografía propia) unha adaptación dun poema de Santiago Freire.

Despedimos á profe Maricarmen

Vídeo e fotos da despedida da profe Maricarmen.

MAGOSTO 2018

Hoxe venres celebramos o Magosto no cole!! Tivemos a tradicional carreira do San Martiño, xogos tradicionais, chourizos e castañas. 

Todas as fotos e vídeos xa dispoñibles clicando na imaxe.

Poesía de medo en 5º de primaria

Aquí tedes 3 vídeos onde o alumnado de 5º dramatiza un poema de Samaín que previamente prepararon por equipos...

 

 

 

 

Rap da biblio

Vídeo dun recitado a ritmo de rap do alumnado de 5º de primaria na área de Lingua Galega.

Contos e lendas con Raquel Queizás

Hoxe mércores, 7 de novembro, abrimos oficialmente a biblioteca escolar; e para iso contamos ca presenza dunha gran contadora de historias: RAQUEL QUEIZÁS, que veu ao colexio cunha maleta chea de lembranzas e historias da súa avoa. Así, disfrutamos un montón, con fermosos contos para todas as idades, vencellados á nosa cultura popular.

Mirade as fotos e os vídeos clicando na imaxe.

SAMAÍN 2018

O mércores celebramos o Samaín no colexio con actividades terroríficamente divertidas:

  • Recitado de poemas de terror.
  • Disfraces de cabazas.
  • Exposición de morcegos.
  • Brincadeiras e xogos.
  • Sesións de cinema.

Picando na primeira imaxe podedes ver o álbum con fotos e vídeos dalgunhas destas actividades, e na segunda tedes unha videomontaxe resumo do noso Samaín.

      

Simulacro de incendio!!

Hoxe venres 26 de outubro, realizamos un simulacro de incendio no colexio. Aprendimos un montón, e foi moi emocionante, con fume e todo!! E despois pasámolo en grande vestíndonos de bombeiro, montando na ambulancia, facendo soar as sirenas, falando polos intercomunicadores ("walkie talkies"), e ata facendo funcionar a mangueira!!

O centro agradece a colaboración e a paciencia de todos os participantes neste simulacro:

  • Protección Civil de Amoeiro.
  • Protección Civil de Carballiño.
  • Garda Civil do posto de Tamallancos.
  • Ambulancias "As Burgas".
  • E en especial a Elías Hermelo, como coordinador do operativo.

Podedes ver todas fotos clicando na imaxe:

Primeiros días do curso 18-19

Benvidos a un novo curso escolar. Xa estamos de novo en marcha.

Mirade as fotos clicando na imaxe. No álbum está tamén a foto da páxina da Región onde saímos o día 19 de setembro.

Lembrade!

O luns, 1 de outubro, cambiaremos de horario:

  • DE LUNS A XOVES:

      - A entrada da mañá será ás 10:00 horas e a saída ás 14:10 (sen comedor).

      - A entrada da tarde: 15:30 horas ata as 16:30 horas.

  • OS VENRES: (horario de mañá)

       - A entrada será ás 10:00 horas e a saída as 14:20 (sen comedor); con      comedor sairemos ás 15:15 horas.

 

 

Calendario escolar. Curso 2018-2019

REUNIÓNS COS PAIS/NAIS:

As reunións cos pais/nais serán os seguintes días:

- REUNIÓN DE INFANTIL: Luns, día 10 de setembro ás 11:00 horas.

- REUNIÓN DE PRIMARIA: Martes, día 2 de outubro ás 16:30 horas.

 

VOLTAMOS!

Resultado de imagen para BENVIDOS

Distribuir contido


by Dr. Radut