Skip to Content

Autorización do día non lectivo

Contacontos pola igualdade

Hoxe o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria puido disfrutar dunha sesión de contos para aprender a rachar cos estereotipos sexistas.

Agradecemos ao CIM de Sta. Águeda a iniciativa para realizar no noso centro esta divertida actividade en prol da igualdade.

Vídeos inéditos Entroido 2019

Reciclando aparellos electrónicos cos Bolechas

Hoxe xoves, 7 de marzo, tivemos unha charla cun científico moi simpático e amigo dos Bolechas. Falounos de como debemos facer para reciclar os RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Foi moi divertido, e ata bailamos e rapeamos!!

Día de Rosalía 2019

O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este vídeo amosa algunha das actividades que realizamos neses días. Sirva este vídeo hoxe, 8 de marzo, como homenaxe para todas as mulleres, no seu día máis reivindicativo.

Entroido 2019

Os hippies do colexio repartiron paz e amor por Amoeiro, e aquí tedes a ligazón ao álbum de fotos. (Clicar na imaxe).

Torneo comarcal de bádminton - 2019

O pasado xoves 21 de febreiro, participamos no torneo comarcal de bádminton disputado no Carballiño, con outros 5 colexios.

Clicando na imaxe das gañadoras poderedes ver todas as fotos do evento.

ORDES DO MECO 2019

O cole de Amoeiro no provincial de campo a través 2019

Vídeo da exitosa participación do cole de Amoeiro no provincial de campo a través 2019.

RESERVA PARA O CENTRO ADSCRITO- ADMISIÓN NOVO ALUMNADO- VACANTES 2019-2020

 

ADMISIÓN  ALUMNADO

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza no centro de adscrición (IES Julio Prieto Nespereira) para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos (Anexo I)

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

  • O alumnado que prefira outro centro diferente ao centro adscrito deberá cubrir o Anexo II. O prazo de solicitude é  desde o 1 ao 20 de marzo, presentando dito anexo no primeiro centro no que se solicite praza.

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

PRAZAS DE VACANTES OFERTADAS NO PROCESO DE ADMISIÓN:

 

CURSOS

 

 

UNIDADES

 

POSTOS ESCOLARES

 

VACANTES

 

NEEAE

 

4º ED. INFANTIL

 

1

 

25

 

25 

 

3

 

5º/6º ED. INFANTIL

 

1

 

18

 

6

 

------

 

1º/2º ED. PRIMARIA

 

1

 

20

 

4

 

3 (1ºE.P)

 

3º/4º ED. PRIMARIA

 

1

 

20

 

10

 

------

 

5º ED. PRIMARIA

 

1

 

25

 

16

 

------

 

6º ED. PRIMARIA

 

1

 

25

 

13

 

------

 

PRAZOS PARA A ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO:

  1.   Prazos:
    Do 1 ao 20  de marzo de 2019, ambos incluídos. (Anexo II)
  2. Documentación:
    Documentación que se debe presentar na dirección do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo para formalizar a solicitude de admisión:
  • Fotocopia do DNI (de non posuír DNI, presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
  • Anexo II debidamente cuberto.
  • CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, DE DARSE O CASO.

      3. Calendario:

  •  24 DE ABRIL DE 2019

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución provisional do alumnado admitido.

  •  12 DE MAIO DE 2019

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución definitiva do alumnado admitido.

  • Para ter en conta:

Cada alumno/a só poderá presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

      4.  Área de influencia:

A área de influencia do colexio de Amoeiro son as parroquias de:

  • Abruciños (San Xoán)
  • Amoeiro (Santa María)
  • Bóveda de Amoeiro (San Pelaio)
  • Cornoces (San Martiño)
  • Fontefría (Santa Mariña)
  • Parada de Amoeiro (Santiago)
  • Rouzós (San Cibrao)
  • Trasalba (San Pedro)

5. Servizos complementarios ofertados:

      5.1.- Comedor escolar de xestión directa.

  • 75 prazas

     5.2.- Transporte escolar con dúas rutas:

            - BÓVEDA-AMOEIRO

            - TRASALBA-AMOEIRO

      5.3.- Aula matinal e apoio escolar. Ambas actividades están ofertadas polo Concello.

 

Día da PAZ 2019

O mércores 30 celebramos o Día da Paz no colexio con diferentes actividades:

  • Un mural que leva por título "Fagamos unha nova realidade". Nel recóllense noticias negativas ou de certo carácter violento, que os nenos seleccionaron e posteriormente transformaron en positivas.
  • Recitados e infantil e 1º ciclo.
  • Recital de cancións.

Picade na imaxe para acceder ás fotos, e máis abaixo para ver o vídeo dos recitados e das cancións.

10

Recitados de infantil e 1º ciclo de primaria.

Recital de cancións.

Fase comarcal de campo a través - 2019

O pasado mércores 16 de xaneiro disputouse a final comarcal de campo a través, cun novo éxito de participación e con destacadas actuacións das nosas atletas.

Así, ademáis das medallas obtidas por Paula e Marta, o equipo alevín feminino (4º e 5º de primaria), quedou campión comarcal e clasifícase para o campionato provincial.

Tamén Pablo Díaz e Cíes Valentín clasificáronse individualmente para o provincial ao meterse entre os oito primeiros clasificados da súa categoría.

Parabéns a todos eles!!

O álbum de fotos está dispoñible picando na imaxe.

Actuacións do Festival de Nadal 2018 (vídeos)

Comezamos coa serie de vídeos do Festival de Nadal. 

1. "Imos facer un boneco".

2. "O demo asubiador" (incluídas todas as cancións e bailes da obra, e finalizando con "Chega o Nadal").

3. "Balaio" (3º e 4º de primaria).

4. "Heroines" (5º e 6º de primaria).

5. "Remix" (5º de primaria).

6. "Perdón" (6º de primaria).

7. "Alegría" (acrosport)

FESTIVAL DE NADAL 2018 (fotos)

O pasado venres 21 tivemos un ano máis o Festival de Nadal no CEIP Otero Pedrayo. Teatro, música, danzas, bailes, acrosport... e sobre todo moita ilusión por disfrutar deste día tan especial.

Xa podedes ver todas as fotos clicando na imaxe. 

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

Durante o mes de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria puido disfrutar de dúas xornadas de xogos tradicionais, nas que este ano se abordou o mundo dos xogos tradicionais de mesa, com por exemplo, o muíño.

Picade na foto para acceder ao álbum completo.

Distribuir contido


by Dr. Radut