O pasado venres 3 de xuño tivemos unha actividade moi especial no cole, xa que puidemos disfrutar dun planetario no patio cuberto! Os diferentes cursos foron pasando polo planetario con forma de iglú para coñecer máis sobre o espazo exterior grazas ás proxeccións e explicacións que recibiron alí dentro.
Ademais realizaron outras actividades fóra do planetario como lanzamento de foguetes de xoguete e simulacións do sistema solar.
Este ano celebramos as festa das nosas letras con recitados de adiviñas, ditos e refráns, e un pasapalabra sobre Florencio Delgado, entre outras actividades.
Fotos da obra-concerto "Nova noviña" que puido disfrutar todo o alumnado do centro o pasado 7 de abril e que está enmarcada dentro do proxecto sobre o espazo no que está inmerso o centro durante todo este curso.
Na celebración do Día de Rosalía houbo pegada de versos nun mural de Rosalía que elaboramos o ano pasado, e tamén houbo bailes dos máis pequenos, e recitados por parte dos maiores.
Este venres 28 de maio celebramos a Feira do libro que organizou a profe Patricia (Coordinadora da biblioteca), na que o alumnado intercambiou vales por libros. Son todos libros que deixan de formar parte da nosa biblioteca, na súa maioría porque os temos xa repetidos. Trátase dunha acción máis dentro do PLAMBE co que estamos a renovar a nosa biblio, A biblio do Faragulllas.
Estas semanas andamos con moita faena na biblioteca, en pleno proceso de reforma. Agora tocoulle ao alumnado poñer a súa pegada. Así, encheron de follas coas súas propias mans, a árbore previamente debuxada e pintada polas profes Cris e Katy.
A profe Patricia completou a tarefa cunhas baldas para expoñer as novidades da biblio.
Non deixedes de visitar o novo blog da biblioteca, onde iremos contando todas as novidades.
Lembrade que estamos inmersos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e que iso nos permite acometer unha reforma integral da nosa biblioteca. Unha reforma que xa está en marcha, e da que vos iremos informando a través do blog:
No Día do libro contamos coa presenza de Pablo Nogueira, que nos contou dos contos dos que ten el publicados. Previamente o alumnado de 4º, 5º e 6º, coordinado pola profe de plástica (Patricia), preparou uns estupendos murais para a ocasión.