Skip to Content

Fotos das primeiras semanas de curso.

Fotos das primeiras semanas de curso:

https://photos.app.goo.gl/rJxkX9iLwr4TvixH7

Tamén na galería, premendo no curso 21-22.

Fotos fin de curso 2020-21

Publicadas as fotos de fin de curso 2020-21. Podedes velas nesta ligazón :

https://photos.app.goo.gl/fyuuQ4PigtdzT5Sn8 ,

e tamén na galería de fotos entrando no curso 20-21, no lado dereito da web.

 

Autorización día NON lectivo. Curso 2021-2022

Calendario escolar- Curso 2021-2022

Folleto informativo E-dixgal

Adxúntase folleto informativo sobre o proxecto Edixgal, para as familias con fill@s en 5º e 6º de primaria. Nel teñen entre outras cousas, un teléfono ao que chamar no caso de que queiran contratar un seguro (49€) para o portátil do seu fill@.

Plan de adaptación á situación COVID- Curso 2021-2022

Adxúntase o plan de adaptación á situación COVID deste curso escolar e o modelo de declaración responsable que cada familia deberá asinar e entregar PREFERENTEMENTE por vía telemática ao correo do centro: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal

 

Material escolar- Curso 2021-2022

Nos arquivos adxuntos está a lista de material para este curso escolar.

Entrevista ás familias- 4º Educación Infantil

No documento adxunto están unha serie de preguntas con respecto ao voso fillo/a que deberedes cubrir e envialo ao correo do centro.

Ademais aparece o horario do período de adaptación. Pola protección de datos soamente aparecen as inicias de cada neno.

Reunións coas familias- Curso 2021-2022

Datas das reunións coas familias:

- 7 de setembro: martes

Listaxe DEFINITIVA libros de texto 2021-2022

Acábase de publicar no taboleiro do centro a LISTAXE DEFINITIVA de libros de texto para os cursos: 3º e 4º de Educación Primaria.

O reparto dos libros farase os días 6,7 e 8 de setembro.

 

Publicada a LISTAXE PROVISIONAL de fondo libros

Publicouse no taboleiro do centro a LISTAXE PROVISIONAL de fondo libros para o alumnado de 3º e 4º curso.

A LISTAXE DEFINITIVA publicarase o luns 12 de xullo, xa que hai dous días para posible reclamacións.

O alumnado de 5º e 6º non aparece por ter o vindeiro curso E-Dixgal.

Solicitude para ser colaborador/a de comedor

Ábrese o prazo para ser colaborador/a do comedor para o vindeiro curso.

Lembrade que teñen prioridade os pais/nais que NON foron colaboradores/as neste curso.

Podedes descargar o impreso, cubrilo e envialo ao correo electrónico do centro:

ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.es

Solicitude usuarios comedor

Xa podedes cubrir o anexo II para que os vosos/as fillos/as poidan ser usuarios do comedor para o vindeiro curso escolar (2021-2022).

 

Programa Digicraft

Este curso apuntámonos ao Programa Digicraft, no que seguiremos o curso que vén, e que consiste na realización dun curso de formación (os titores de 5º e 6º de Primaria), para logo desenvolver co alumnado unha serie de actividades sobre intelixencia artificial, programación e videoxogos; todas elas vinculadas ás Ciencias Naturais.

Na seguinte ligazón pódense ver fotos dalgunhas das actividades:

Canal "Dicímoscho nós!! en Youtube.

Durante este curso, en 6º de primaria, creamos un canal en Youtube (Dicímoscho nós!!), no que o alumnado protagonizou unha serie de vídeos onde nos resolven dúbidas sobre o noso idioma.

Distribuir contido


by Dr. Radut