Skip to Content

Ed. física

Xogando ao atletismo 2022

O pasado xoves 3 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría benxamín, coa participación do noso centro e 6 colexios máis.

Foi unha fermosa mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

Pilates para tod@s.

Últimas propostas de exercicio físico deste curso:

O pilates é similar ao ioga, pero máis activo, polo que cansa máis. É ideal se che gusta o ioga pero che parece demasido lento ou aburrido.
Probade a facer algún dos vídeos seleccionados. Aínda que o ideal é facelo con alguén, tamén se pode facer de xeito individual perfectamente.

E lembrade que se vos animades, podedes enviar fotos ou vídeo a un destes correos: buxaina@gmail.com   miguelbg@edu.xunta.es ou por whatsapp ao número: 683 25 26 76.

 Hai propostas para todas as idades:

 

 

 

Actividades de Educación Física e Psicomotricidade (primaria e infantil)

Para levar mellor esta corentena faise imprescindible algo de exercicio físico diario. Por iso ofrecemos recopilacións de vídeos con exercicios e bailes para facer os nenos sós ou en familia:

Para infantil e 1ro ciclo de primaria

Juegos para hacer dentro de casa: https://youtu.be/9lyWs4UaInA

PSICOMOTRICIDAD FINA EN CASA FÁCIL: https://youtu.be/uhl7tCeJ8JY

15 actividades de psicomotricidad fina: https://youtu.be/9oHq-joy22w

 Para infantil e primaria

(tomada da web ayudaparamaestros.com).

- EXERCICIOS PARA NENOS -

1. Ejercicios para niños en casa - Rutina de cardio para compartir en familia.

2. Entrenamiento funcional para niños.

 
 
 
 
 
 
 

 

- IOGA PARA NENOS -

 

 

- ZUMBA -

14. Dance Monkey 1.

15. Dance Monkey 2.

16. Despacito.

17. Sweet But a Psycho.

18. Taylor Swift - "Shake it off”.

19. Rockabye.

20. Luis Fonsi "Calypso".

21. Álvaro Soler - "Sofía".

22. Shakira y Carlos Vives - "La Bicicleta".

23. BIP - "El Ventilador".

24. I like to move it.

25. Azukita.

26. Con Calma.

27. Minions Papaya Dance Remix.

28. Gangnam Style.

Campo a través - fase comarcal 2020

Nova xornada deportiva no Puzo do Lago, con moi boa actuación dos nosos atletas, cunha medalla de Mario e varios clasificados para o compionato provincial. Parabéns a todos eles.

https://photos.app.goo.gl/P6SV9Doxo8aNGzya9

 

Día do hóckey

Hoxe luns celebramos o Día do hóckey cunhas clases maxistrais de Yaseen, ex-xogador profesional, olímpico en Barcelona'92 coa selección nacional de Pakistán, e actualmente entrenador do Clube de hóckey Cidade de Ourense.

De 1º a 6º de primaria, aprendimos os fundamentos básicos deste deporte e divertímonos moito!

Semana e Día Europeo do Deporte Escolar 2019

Actividades para celebrar a semana e o Día Europeo do Deporte Escolar:

Coreografía do tema "O esqueleto" do grupo Migallas.  de luns a venres pola mañá, antes de entrar a clase, nas filas, todos (de infantil a sexto) bailamos un tema que anima a moverse. Así, varias alumnas de sexto curso colócanse unha diante de cada fila para dirixir a coreografía previamente aprendida na clase de Ed. Física e elaborada polos propios alumnos.

Olimpiada tradicional: o venres 27, para celebrar o Día europeo do deporte, levamos a cabo unha serie de xogos tradicionais.

Baile de todo o colexio no patio. Como colofón desta semana deportiva, ao rematar a olimpiada tradicional, alumnado e profesorado bailamos ao ritmo da canción do esqueleto practicada durante toda a semana.

Sesión de fotos cos cartaces e os hashtag/etiquetas/cancelos alusivos a este día, e que foron elaborados durante as clases de plástica.

Aquí as fotos da Olimpiada Tradicional do día 27 e da sesión de fotos final cos hashtag correspondentes. (Picade na imaxe para ver as fotos. Máis abaixo tedes un vídeo resumo e ao final un vídeo da coreografía).

 

Vídeo resumo do Día Europeo do Deporte 2019. 

Vídeo da coreografía:

Torneo comarcal de bádminton - 2019

O pasado xoves 21 de febreiro, participamos no torneo comarcal de bádminton disputado no Carballiño, con outros 5 colexios.

Clicando na imaxe das gañadoras poderedes ver todas as fotos do evento.

O cole de Amoeiro no provincial de campo a través 2019

Vídeo da exitosa participación do cole de Amoeiro no provincial de campo a través 2019.

Fase comarcal de campo a través - 2019

O pasado mércores 16 de xaneiro disputouse a final comarcal de campo a través, cun novo éxito de participación e con destacadas actuacións das nosas atletas.

Así, ademáis das medallas obtidas por Paula e Marta, o equipo alevín feminino (4º e 5º de primaria), quedou campión comarcal e clasifícase para o campionato provincial.

Tamén Pablo Díaz e Cíes Valentín clasificáronse individualmente para o provincial ao meterse entre os oito primeiros clasificados da súa categoría.

Parabéns a todos eles!!

O álbum de fotos está dispoñible picando na imaxe.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

Durante o mes de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria puido disfrutar de dúas xornadas de xogos tradicionais, nas que este ano se abordou o mundo dos xogos tradicionais de mesa, com por exemplo, o muíño.

Picade na foto para acceder ao álbum completo.

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro-2018

O mércores 25 de marzo tivo lugar o Torneo anual de minibalonmán alevín no polideportivo Paco Chao do Carballiño. Participaron un total de 7 equipos de centros da comarca do Arenteiro, conseguindo o noso colexio un meritorio 4º posto, ademais dun comportamento e actitude estupenda, coma sempre. Parabéns a todos os participantes. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Campionato comarcal de bádminton 2018

Hoxe mércores, 7 de marzo, o noso colexio participou con outros 5 centros da comarca no campionato comarcal de bádminton alevín, no que o pasaron moi ben, competiron con deportividade e aínda por enriba, Saray Carneiro conseguiu medalla ao quedar 3ª clasificada comarcal. Parabéns a todos os participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut