Skip to Content

Saídas e excursións

Excursión a Allariz - 2018

O pasado luns 21 de maio, fixemos a excursión de fin de curso a Allariz, onde realizamos diversas actividades:

  • Visitamos o MUSEO GALEGO DO XOGUETE.
  • Visitamos o MUSEO DA MODA DE ALLARIZ..
  • MONTAMOS A CABALO !!
  • Xantamos no campo e xogamos no parque.
  • Visitamos o FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS.

Pasámolo en grande!!

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

Xogando ao atletismo_2018

O martes 22 de maio, participamos no Campionato comarcal da actividade "Xogando ao atletismo", na que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun espectacular día de sana competición interescolar.

Tivemos actuacións moi destacadas, especialmente en salto horzontal e relevos con valos. Ademais, na clasificación xeral, quedamos quintos en categoría benxamín e terceiros en alevín. Parabéns a tod@s!!

Accede ás fotos clicando na imaxe.

Día da árbore e a auga 2018

Imaxes da celebración do día da árbore e da auga, con diferentes actividades:

- Lectura e actividades diversas a partir do material enviado pola Deputación de Ourense.

- Plantación dun salgueiro no patio.

- Plantación doutra árbore en Trasalba.

- Solta de animais nesa mesma zona.

 

Campo a través 2017 - (1ª xornada)

Gran xornada deportiva a pesares do intenso frío que nos acompañou no Puzo do Lago.

Parabéns a tódolos participantes do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 3 medallas!

Podedes ver as clasificacións na web da Agrupación Deportiva Arenteiro.

E as fotos clicando na imaxe.

Fomentando a corresponsabilidade.

O pasado venres 24 de novembro, en vísperas do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, os alumnos do CPI de Cambeo e os de 5º e 6º do noso centro, realizaron unha actividade coeducativa, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, xa que son cousa de todos. Así puideron facer camas, limpar unha habitación, cociñar... e finalmente tomar un riquísimo aperitivo con canapés, pizza e cócteles saudables.

A actividade foi organizada polo CIM da Mancomunidade de Sta. Águeda, coa colaboración do IES de Vilamarín. Agradecementos a ambos pola organización deste tipo de actividades tan necesarias aínda hoxe. 

Accede ás fotos facendo clic na imaxe.

Excursión fin de curso 2017

Xa podedes ver as fotos da excursión realizada o luns 19 de xuño ao Centro de Ocio Acougo, de Vilamarín, onde os rapaces puideron facer gymkanas, slackline, andainas, paseos en barca, lanzarse por unha tirolina (hai algún vídeo, e subiremos algún máis), xogar con distintos animais...

SAÍDA O AUDITORIO

COMUNICACIÓN SAÍDA AUDITORIO

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil (3, 4 e 5 anos), ten programada unha actividade musical no Auditorio municipal de Ourense titulada A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS; será o día 19 de maio ás 12:00 horas, polo que voltaremos ao colexio para o xantar.

O prezo da actividade é 1€ por alumno, e, cada un/unha abonará 2€ para axuda de transporte. Pregamos que traian os 3€ o antes posible pois hai que facer o ingreso canto antes.

Grazas, un saúdo.

SAÍDA O AUDITORIO

COMUNICACIÓN SAÍDA AUDITORIO

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil (3, 4 e 5 anos), ten programada unha actividade de teatro de monicreques no Auditorio municipal de Ourense titulada "OS NARIGUDOS"; será o día 3 de marzo ás 12:00 horas, polo que voltaremos ao colexio para o xantar.

 

O prezo da actividade é 1€ por alumno, e, cada un/unha abonará 2€ para axuda de transporte. Pregamos que traian os 3€ o luns 23 de febreiro pois hai que facer o ingreso unha semana antes da actividade.

 

Grazas, un saúdo.

 

 

SAÍDA O AUDITORIO

COMUNICACIÓN SAÍDA AUDITORIO

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil (3, 4 e 5 anos), ten programada unha actividade de teatro de monicreques no Auditorio municipal de Ourense titulada OS NARIGUDOS; será o día 3 de marzo ás 12:00 horas, polo que voltaremos ao colexio para o xantar.

 O prezo da actividade é 1€ por alumno, e, cada un/unha abonará 2€ para axuda de transporte. Pregamos que traian os 3€ o luns 23 de febreiro pois hai que facer o ingreso unha semana antes da actividade.

 

Grazas, un saúdo.

 

UN DÍA XENIAL NO AUDITORIO DE OURENSE

 

O 23 de outubro asistimos o espectáculo “O coleccionista de paisaxes” as 10:00 no Auditorio Municipal de Ourense dentro do ciclo de concertos escolares e familiares que organiza este Concello.

Fomos os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil, do 1º Ciclo e do 2º Ciclo acompañados polos nosas titoras.

Era un espectáculo onde nos familiarizamos coa música do século XX. A través dun personaxe pintoresco, o coleccionista de paisaxes, poidemos escoitar obras inspiradas en músicos coma Debussy, Ravel, Bartok, Schönberg ou Stravisnski ademáis de disfrutar de danzas, malabares, sombras chinesas, cancións e moitas outras sorpresas…

Divertímonos moito e pasámolo moi ben.


Distribuir contido


by Dr. Radut