O alumnado de primaria puido disfrutar o mes pasado dunha estupenda sesión de capoeira con Adel, celebrando así o Día da Educación Física. Aprendemos moitas cousas sobre esta arte marcial que mestura danza, acrobacias e música.
Durante unhos días do mes pasado tivemos no colexio unha exposición de fotos e cruceiros de madeira, así como unha breve charla para cada grupo de primaria.
Para o Día de Rosalía puidemos disfrutar no comedor do cole dun estupendo Caldo de Gloria, tomando como referencia o poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", de Follas Novas.
A principios de marzo, o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria), puido disfrutar de 4 estupendas sesións de iniciación ao bádminton con Sara e Olalla, xogadoras e entrenadoras do Clube Athlos de Ourense. Ademáis, na derradeira sesión repartiron agasallos varios entre o alumnado.