Skip to Content

Segundo ciclo

Obradoiro


O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou nun obradoiro de narración oral con ilustración e música en directo, sobre a seguridade no uso da rede, a cargo de "Polo Correo do Vento". Esta actividade está impulsada por Amtega.


Na cidade Herculina

Un día estupendo pasaron as nenas e os nenos de 3º e 4º de primaria visitando a cidade de A Coruña

Saímos na tele

O luns 22 de outubro, ás 23:15 horas, poderedes ver ao alumnado de 5º de primaria no programa da Televisión de Galicia "Eu quero ser"

Sorriso

Saída Burela

O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou a carón do mar.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

A festa no faiado

Un grupo de nenas e nenos de 3º de primaria prepararon unha obra de teatro adaptando o conto de María Victoria Moreno "A festa no faiado"

Representárona na biblioteca para os máis peques do cole...como nos gustou!

Visita Correos

 

Alumnado de terceiro curso visitou a oficina de Correos de Palas de Rei para enviar unhas postais escritas por eles.

De seguro que, aqueles que a recibiron levaron unha enorme alegría ao atopala na súa caixa de correo!

 

Saída Grove

O alumnado de 3º e 4º de primaria realizou unha saída ao Grove, onde desfrutaron dunha xornada ao carón do mar. Alí, visitaron o acuario, o centro de interpretación e deron un paseo en barco.

Se queres velos preme enriba da imaxe.

Visita ao Parlamento

O alumnado de 3º e 4º de primaria formaron parte dos 400 escolares das distintas provincias galegas que visitaron o Parlamento galego.

Acompañados polos Bolechas visitaron ás instalacións e descubriron como funciona o Parlamento.

EXCURSIÓN AO PORTO DA CORUÑA E O MUNCYT

    O pasado 2 de xuño o alumnado de 3º e 4º de Primaria poideron disfrutar dunha excursión a Coruña. Pola mañá visitaron  o Porto e a lonxa, onde viron as distintas clases de peixes, a sala de vixiancia onde se controla a totalidade do Porto, a zona onde atracan os trasatlánticos... e despois de xantar  preto da Torre de Hércules, desplazáronse ao MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia y Tecnología). Xa na instalación, os nenos e nenas portáronse moi ben, escoitaron atentámente a guía do museo, que lles explicou conceptos dos avións, robots, etc....

 CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

LECTURA COLECTIVA

Cando chega o bo tempo, os alumnos de 4º convértense en contacontos e len para os mais pequenos, é unha actividade mui especial porque disfrutan os lectores de 4º e ,por suposto, os nenos/as que escoitan. Este ano leron para os de Infantil. A actividade foi na biblioteca.

Aquí vos deixamos unhas fotos do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut