Skip to Content

Punto laranxa

Está xa dispoñible o Punto Laranxa, tanto  físico como virtual.

Esta é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas  próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

O funcionamento do punto físico, instalado no corredor principal do centro, é coma un buzón a través do cal se pode comunicar ou denunciar, dende unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou se perciba en terceiros. A apertura e xestión dese buzón correspóndelle aos docentes do centro que conforman ao equipo de actuación contra o acoso escolar do centro.

En canto ao punto virtual, pódese acceder dende a páxina web do centro (na marxe superior dereita) que permite escribir e enviar unha mensaxe anónima, que será lida polo devandito equipo de actuación.

Dende aquí podedes acceder ao cartaz e tríptico informativo.

 

Contacontos: O cascabel da gata

Grazas ao papá e á mamá de Elías, o noso compi de 3 anos, por vir a contarnos un conto a todos os nenos e nenas de infantil. Foi estupendo!!! 

A túa pegada marca

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria reflexiona sobre o acoso, na charla "A túa pegada marca", impartida por Rocío García. 

Disciplina positiva

Seguimos reflexionando e aprendendo da man de Natalia Somoza, nunha segunda charla sobre disciplina positiva. 

Teatro!

Un ano máis, contamos coa compañía "face2face" para adentrarnos un pouquiño máis na cultura inglesa, desta vez en forma de teatro. Bailamos, cantamos e rimos moitísimo. Esta actividade foi subvencionada polo centro no marco do plurilingüismo.

Obradoiro mediación

Comezou!

No día de hoxe, e dentro do C. P. Inclúe EMOCIONA-T, iniciamos a formación do alumnado de 4°,5° e 6° de EP en MEDIACIÓN ESCOLAR. Este programa contará con 4 sesións impartidas por Rocío Villar, da empresa Airiños. E rematará coa creación dun grupo de mediadores  e mediadoras, que poñerán en práctica a súa aprendizaxe na resolución pacífica de conflictos no noso patio e entorno.

Podes ver máis imaxes premendo aquí. 

Admisión alumnado

 

Comunicámoslles que TODAS  as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2024/25 figuran en estado ADMITIDAS.

O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.

Reto actividade física en familia

Animádevos familias!!

Campionato ping pong

Canta emoción no campionato de Ping-pong!

Aplauso a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores e gañadoras!

 

 

Chacotes

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria disfrutan do último día do trimestre cunha saída aos Chacotes. 
Preme aquí para ver máis imaxes. 

Distribuir contido


by Dr. Radut