A asociación Enki visitou hoxe a nosa escola para elaborar o alfabeto en lingua de signos e realizar dinámicas co alumnado co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da inclusión.
Moitas grazas a Anpa por ofrecernos esta posibilidade e ás familias que colaborastes nesta xornada.
Por este curso, chegou ao seu fin a "Escola de Familias" nunha sesión de intercambio de impresións, realización dunha enquisa para avaliar e facer propostas, así como un momento distendido para compartir uns pinchiños.
Moitas gracias a todas as familias que acollestes de tan bo grado esta iniciativa.
Durante dous días, alumnado e profesorado da Escola de Torneiros (Portugal) visitáronnos para coñecer o noso cole e pasar unhas xornadas con moito xogo e distintas propostas que favoreceron a convivencia entre os dous centros.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Raízes"
Estas son algunhas das plantas da nosa contorna que descubrimos na saída con Agustín. Esta actividade interdisciplinar enmárcase dentro do PDI Capitán Planeta, do Plan Proxecta Fitofaladoiro e da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.