Skip to Content

Obradoiro mediación

Comezou!

No día de hoxe, e dentro do C. P. Inclúe EMOCIONA-T, iniciamos a formación do alumnado de 4°,5° e 6° de EP en MEDIACIÓN ESCOLAR. Este programa contará con 4 sesións impartidas por Rocío Villar, da empresa Airiños. E rematará coa creación dun grupo de mediadores  e mediadoras, que poñerán en práctica a súa aprendizaxe na resolución pacífica de conflictos no noso patio e entorno.

Podes ver máis imaxes premendo aquí. 

Admisión alumnado

 

Comunicámoslles que TODAS  as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2024/25 figuran en estado ADMITIDAS.

O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.

Reto actividade física en familia

Animádevos familias!!

Campionato ping pong

Canta emoción no campionato de Ping-pong!

Aplauso a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores e gañadoras!

 

 

Chacotes

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria disfrutan do último día do trimestre cunha saída aos Chacotes. 
Preme aquí para ver máis imaxes. 

O Enredo do Abelleiro

O alumnado de infantil pasou unha xornada xenial coñecendo o fascinante mundo das abellas no museo "O Enredo do Abelleiro", en Arzúa.

Ademais, envasaron o seu tarriño de mel e elaboraron candeas con cera.

Mirade, mirade!

 

Equitación

Chegou o turno de 1º e 2º de educación primaria! 
Dende aquí verédelos pasándoo xenial na "Escuela de Equitación La Cruz", en Taboada. 

Cumples infantil

Hoxe, os peques do cole fixeron festaza para celebrar os cumples do 2º trimestre.

Mirade dende aquí que ben o pasaron! 

Disciplina positiva

Nunha nova sesión da Escola de Familias, Natalia Somoza ofreceunos unha charla moi dinámica, participativa e reflexiva sobre disciplina positiva. 

Agardamos con ganas a seguinte sesión! 

Equitación

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria pasou unha xornada fantástica na "Escuela de Equitacion La Cruz" en Taboada.

 Premendo aquí veredes máis imaxes do moito que disfrutaron. 

Distribuir contido


by Dr. Radut