Curso 2015-2016

POSTAIS DIXITAIS 2015

POSTAIS DIXITAIS 2015
 
Como cada ano, cando o Nadal asoma o seu nariz, convocamos o concurso de postais dixitais entre o noso alumnado. A finalidade non é outra que mellorar a competencia dixital e darlle pulo á  nosa lingua, o galego.
Entre todas as postais realizadas elas escolleremos dúas gañadoras e as súas creadoras e creadores recibirán un agasallo moi literario.
Esta son as postais dunha das categoría premiadas, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria.

E estas son as postais da segunda categoría premiada, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria. O venres coñeceremos o nome das gañadoras e gañadores.

MANUALIDADES CO APALPADOR

MANUALIDADES CO APALPADOR
 
Como xa sabedes, durante este mes vimos traballando a figura do Apalpador. A semana pasado foi o tempo das manualidades, así que durante o recreo, na biblioteca, fomos construíndo un móbil, unha careta, etc.
 
Velaí as fotos desta semana tan creativa.

MAGOSTO 2015

MAGOSTO 2015
 
O pasado mércores, día do San Martiño, celebramos o noso magosto. Foi un día de festa no que o profesorado asou as castañas e o alumnado do 6º curso de primaria axudou a organizar unha serie de xogos: carreiras de sacos, tirar da corda, circuitos con castañas, encestar castañas... 
 
 
 
 
 
 
 
Un día no que os máis pequenos tamén realizaron xogos de psicomotricidade...
 
 
 
 
...e todos gozamos dunhas riquísimas castañas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Temos unha chea de fotos, que podedes ver directamente dende o noso album premendo AQUÍ.

A VENTÁ DA BIBLIOTECA

A VENTÁ DA BIBLIOTECA.

Xa está lista a nosa ventá da biblioteca, a que cada ano ábrese ao noso proxecto. Este ano de tanto conto e de tanta arte, Cont-arte, agromou unha árbore outonal moi artística.

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

AXUDANTES DA BIBLIOTECA.
 
Inaugurada a biblioteca, comezamos a traballar. E unha das primeiras actividades é a formación de axudantes da biblioteca. Voluntarias e voluntarios de 5º e 6º curso de Primaria axudarán no tempo de recreo ao profesorado encargado da biblioteca.
Unha vez explicadas as súas funcións e responsabilidades, cada unha delas e cada un deles, asinaron un contrato comprometéndose a colaborar durante este curso.
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa axuda.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
 
O pasado venres 23, coincidindo co día das Bibliotecas Escolares, inauguramos a nosa biblioteca. Un ano máis, da man dos mestres Miguel e María, asistimos a unhas estupendas sesións de contacontos na que escoitamos historias contadas e cantadas que nos amosaron que temos moitos xeitos de
 
achegármonos a cada libro.
 
Espero que gozárades con esas historias tanto como nos.

EXPOSICIÓN DE CARTACES

EXPOSICIÓN DE CARTACES.

Xa temos preparada a exposición cos cartaces do proxecto deste ano: CONT-ARTE.
Un ano máis sorpréndennos as fantásticas obras de arte feitas en familia. Moitísimas grazas a

todas e a todos pola vosa participación. Velaí van as fotografías dalgúns deles.

 

Estes son os cartaces pendentes de publicar. Unha vez máis, moitísimas grazas a todas as familias pola súa participación e creatividade.

CON MOITO ARTE

CON MOITO ARTE.
 
Comezamos a quentar motores co noso proxecto deste ano: a arte. Así que o alumnado do 1º e do 2º curso de Primaria, acompañado do grupo de 5º de Educación Infantil A achegouse ata o castelo de Soutomaior para descubrir algunhas das posibles expresións artísticas.
 
Velaí tedes unha mostra de como gozaron desta excursión.
 

MOCHILAS VIAXEIRAS 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS.
 
Comenzamos a coller ritmo. Este venres entregamos as mochilas viaxeiras e pasaron pola biblioteca as afortunadas e afortunados encargados de levalas a primeira semana. 
Agardamos que gocedes en familia con todos os materiais que agochan.

 

Powered by Drupal - Design by artinet