E este é o resultado.
Velaquí o traballo que fixemos para celebrar os maios. Por un lado cada clase de primaria elaborou uhas coplas para cantar o venres pasado, e que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe.
SAÍDA MUSICAL: INFANTIL VAI DE CONCERTO.
O alumnado de Ed. Infantil asistiu a un concerto en Pontevedra do grupo musical Mamacabra chamado "15 primaveiras" en honor á súa longa traxectoria. Foi un concerto moi divertido. Aquí vos deixo un pequeno resumo.
Unha actividade do máis interesante e divertida que nos deixa unha fantástica obra de arte no noso cole.
SAIDA MUSICAL: 5º E 6º VAN DE CONCERTO
O alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto celebrado en Pontevedra do músico "Xoán Curiel" e a súa banda, os cales nos presentaron o seu traballo chamado "estamos no verán" que ten un formato de libro disco. Este é un pequeno resumo deste espectáculo.
TALLER DE DANZA.
Xa que este ano estamos a traballar no centro o tema da arte, o alumnado de infantil tivo a sorte de participar nun taller de danza realizado por María, mestra de balet e nai de Pablo, a cal lle damos as gracias pola súa colaboración.
SAÍDA MUSICAL DE 1º E 2º.
O alumnado de 1º e 2º realizaron unha saída a un concerto musical chamado "Contos do tranvía" da compañia Rodarirrodari e aquí vos deixo un pequeno resumo.
ENTROIDO 2016
E chegou o entroido. Este ano, xa que estamos a traballar a arte, as diferentes clases disfrazáronse dalgunhas das diferentes artes que hai e así, por exemplo, os nenos de infantil basáronse nos persoaxes do mundo de Oz, 1º e 2º de notas musicais, 3º e 4º dos beatles e 5º e 6º de grafiteiros. Para amosar parte da súa arte, cada clase realizou un baile que podedes ver a continuación. Agardamos que vos guste.
DÍA DA PAZ 2016 - LIPDUB - EL MISMO SOL.
Este ano o centro escolleu a canción de Álvaro Soler "el mismo sol" para celebrar o día da paz 2016, e tento en conta que o proxecto de centro deste ano trata sobre a arte, quixemos facer algo distinto, creativo e emocionante onde participara todo o centro, por iso fixemos un lipdub. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Máis sorpresas nos vindeiros días. Fai clic na imaxe para ver o video.
Se queres ver o "making off" (como se fixo todo isto) do LIPDUB "el mismo sol" que fixemos estes días atrás, preme na imaxe. Agardamos que vos guste.
E esta foi a coreografía que fixemos todo o cole para celebrar o día da paz 2016. O principio comeza un pouco borroso pero logo vai ben.
CANTOS DE REIS E AGUINALDOS.
Ao longo desta semana, todos os alumnos do cole celebrarán por sexto ano consecutivo a chamada "ruta do caramelo", unha interesante forma de intercambiar polas clases cancións de reis e aguinaldos por chuches e caramelos. Xa podedes ver os videos facendo clic na imaxe.
E estas son as postais da segunda categoría premiada, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria. O venres coñeceremos o nome das gañadoras e gañadores.
A VENTÁ DA BIBLIOTECA.
Xa está lista a nosa ventá da biblioteca, a que cada ano ábrese ao noso proxecto. Este ano de tanto conto e de tanta arte, Cont-arte, agromou unha árbore outonal moi artística.
EXPOSICIÓN DE CARTACES.
Xa temos preparada a exposición cos cartaces do proxecto deste ano: CONT-ARTE.
Un ano máis sorpréndennos as fantásticas obras de arte feitas en familia. Moitísimas grazas a
todas e a todos pola vosa participación. Velaí van as fotografías dalgúns deles.
Estes son os cartaces pendentes de publicar. Unha vez máis, moitísimas grazas a todas as familias pola súa participación e creatividade.
CURSO 2015 - 2016.
Un ano máis celebramos no centro o día das letras galegas cun festival no que participa todo o centro. Este foi o resultado. fai clic na imaxe para vetr as actuacións.
O pasado venres, os alumnos de 4 e 5 anos de Ed. Infantil realizaron unha saída para ver a actuación "Xogos musicais" de Luis Prego no auditorio de Chapela. A verdade é que o pasaron moi ben e este é un pequeno resumo.
ENTROIDO 2015
O pasado venres celebramos o entroido no pabellón do centro xa que a choiva impediunos facelo no exterior e este foi o resultado. Agardo que vos guste.
E tamén tivemos actuacións en inglés a cargo dos rapaces de 4º, 5º e 6º.
POSTAL DE NADAL CEIP OUTEIRO DAS PENAS
Preme na imaxe e poderás ampliala... a ver se recoñecedes algunha das figuras!!
Co Nadal chegan as Panxoliñas e o chocolate. Así que unha vez máis despedimos o trimestre cun festival de Panxoliñas no que entregamos os premios ás nenas e nenos gañadores do concurso de postais de nadal deste ano.
Polo de agora non podemos amosarvos as fotos e os videos das actuacións, pero si as da riquísima chocolatada con rosca preparada pola ANPA. Motísimas grazas polo voso traballo.
A NOSA HORTA
E para rematar preparamos o terreno de cultivo.
HALLOWEEN/SAMAÍN 2014:
O pasado xoves vivimos unha terrorífica xornada de Halloween!!! Neste video podedes ver un resumo do que deu de si o día.
Por outro lado, este foi o taller de baile para festexar o halloween 2014 o cal supuña o inicio de ruta de todas as clases para acceder aos seguintes talleres. Agardo que vos guste.
E tamén tivemos unha sesión de contacontos a cargo de dous mestres do cole, que ofreceron unha mostra das aventuras que se agochan na biblioteca.
Así que tamén fixeron unha visita ao Mercado Municipal de Redondela, onde, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!
Seguimos co traballo do Proxecto Documental Integrado que, como sabedes, xira ao redor da horta e ten o título de "Cultivando lecturas". Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º quen visitou o Mercado Municipal de Redondela. Alí, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!
Tamén o alumnado de 5º e 6º puido visitar o Mercado de Redondela e aprender moitas cousas interesantes coa exposición do segundo andar do mercado. E todo dentro do noso Proxecto sobre a horta, "Cultivando lecturas".
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
LETRAS GALEGAS 2014
Por fin xa chegaron os videos das actuacións do día das letras galegas 2014 en homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro. Agardamos que vos gusten.
PAZ:
Para o día da paz escolleuse un libro chamado "a pomba dona paz" para leelo un trociño por aula o propio día da paz. Tamén se utilizou este libro para crear unha canción arredor da letra deste libro e que foi interpretada polo alumnado de 6º con diferentes instrumentos, cantada por todo o cole por quendas coa axuda dalgúns profes. Podedes ver todo isto nos seguintes vídeos e ver a letra da canción facendo clic AQUÍ.
Agora este mesmo libro con instrumentos. As partituras aquí e aquí.
A mesma canción pero sen os instrumentos de 6º, para escoitar mellor ao alumnado.
NADAL: E co fin de ano chega un resumo do que foi o noso pequeno festival de nadal 2013. Fai clic na imaxe para ver os videos das actuacións. Prestade moita atención porque ao final do festival aconteceu unha sorpresa inesperada para os alumnos. Agardo que vos guste.
Para ver as cancións fai clic na imaxe e para ver os primeiros videos fai clic AQUÍ.
E tamen podedes ver a actuación de inglés que fixeron os rapaces de 4º, 5º e 6º.
MAGOSTO: Xa celebramos o Magosto, mira cántos xogos fixemos!