Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Curso 2022-2023

Curso 2022-2023

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 Cada 8 de marzo celébrase anualmente o Día Internacional da Muller. Ao redor destas datas, no colexio elaboramos distintas actividades que iremos reflectindo nesta entrada.

-Para comezar deixámosvos aquí, un podcast sobre o día de hoxe, nel participan alumn@s de sexto de educación primaria. 

 

https://soundcloud.com/btilandra/programa-radio-8-de-marzo-dia-da-muller...

 

-Os nenos e nenas de quinto e sexto de Ed. Primaria, elaboraron este mural con carteis con lemas.

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2023

Esta semana celebrouse o Día Mundial da Radio e que mellor xeito de rendirlle homenaxe que poñendo en marcha Tilandra nas Ondas. Pero para comezar, hai que aprender, e a iso foi ao que nos adicamos nestas últimas semanas. O alumnado de 6º tivo o privilexio de participar nun Obradoiro de Radio da man de Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. Con el, puideron iniciarse na edición de audios e tamén na elaboración dun primeiro programa, sendo eles os creadores dos contidos e tamén os técnicos de son. Unha experiencia moi completa! E aquí vos deixamos o resultado:

Concurso logo e nome da radio escolar

O alumnado do colexio participou na elaboración do logo e do nome para a nosa radio. En primeiro lugar, nas aulas debuxaron os logos e propuxéronse os nomes. Cada aula elixiu un debuxo e un nome; para finalizar votouse unha das propostas.

E aquí vos presentamos o logo que nos vai a acompañar con nome da radio: TILANDRA NAS ONDAS!

A autora é: Lilian Nairoby Quirós Blanco.

Noraboa Lili!

 

3, 2, 1 .... ARRANCA A RADIO ESCOLAR!

Neste curso 2022/2023. no CEIP Os Tilos iniciamos o proxecto de Radio na Biblio, no marco da Biblioteca Escolar, como se recolle na Resolución da  convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023.

Distribuir contido