Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

21 de marzo. Día Mundial do Síndrome de Down.

O colexio do Tilos, súmase a campaña das entidades Down de España: #non somos un estereotipo. Somos moito máis. 

O noso obxectivo é darlle visibilidade ao Síndrome de Down e concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da diversidade. Para a ocasión decoramos calcetíns de diferentes formas e cores cos que elaboramos un cartel: "Ningún calcetín igual a outro"

 

21 de marzo. Día da poesía

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía. A UNESCO adoptou por primeira vez a celebración desta data, na súa 30 Conferencia Xeral en París no ano 1999. O obxectivo principal era apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade de aquelas linguas que se atopan en perigo. Hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos, o alumnado desfrutou moitísimo gravando na radio uns podcast con poemas. Para algúns era a primeira vez, os rostros reflectían gran emoción e nerviosismo. Unha experiencia inesquecible.

Ao longo deste días colgaremos o podcast .

Velaquí tedes algunhas imaxes do acontecido.

Obradoiro de habilidades sociais

O alumnado de sexto de educación primaria, asistiron  a un obradoiro, de varias sesións sobre habilidades sociais. O obxectivo fundamental foi dotar de instrumentos necesarios aos nen@s, para que adquiran as competencias imprescindibles para un mellor desenvolvemento humano e afrontar de maneira efectiva os retos da vida diaria.

 

Contacontos Benxamín

Para o alumnado de primeiro e segundo, o venres 10 de marzo,  veu o contacontos Benxamín a contar o conto: " Non a todas as nenas lles gusta o rosa".

Pasámolo moi ben e foi moi interesante.

 

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 Cada 8 de marzo celébrase anualmente o Día Internacional da Muller. Ao redor destas datas, no colexio elaboramos distintas actividades que iremos reflectindo nesta entrada.

-Para comezar deixámosvos aquí, un podcast sobre o día de hoxe, nel participan alumn@s de sexto de educación primaria. 

 

https://soundcloud.com/btilandra/programa-radio-8-de-marzo-dia-da-muller...

 

-Os nenos e nenas de quinto e sexto de Ed. Primaria, elaboraron este mural con carteis con lemas.

 

Visita de Javier Crespán

O pasado xoves 2 de marzo, visitou ao alumnado de primeiro de educación primaria, Javier  Crespán, avó dun alumno e autor do libro Surcos de Vida. 

 

Día de Rosalía: #cumpriuseaxustiza

Un ano máis en colaboración coa AELG, participamos na conmemoración do Día de Rosalía de Castro. Tomando como referente o lema “Cumpriuse a Xustiza”, deseñamos unha serie de actividades axeitadas aos distintos niveis educativos.

En Educación Infantil e no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, buscaron fotografías a través das cales expresaban as súas emocións aos que lles engadían un texto (palabra, frase ou poesía) .

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

O alumnado de quinto de educación primaria, no segundo trimestre do curso leron o libro "Catro plumas de dinosaurio" da escritora Rosa Aneiros. O martes 28 de febreiro, a escritora visitou o colexio. Rosa Aneiros é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais. O alumnado desfrutou dunha fructuosa e interesante charla. Rosa explicoulles a orixe do libro, a causa da temática, asemade asinoulles os libros.

Grazas Rosa Aneiros!

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. VISITA DA CIENTÍFICA CRISTINA SÁNCHEZ SIXTO

Cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para xuntar esforzos co obxectivo de alcanzar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas nos ámbitos científicos. Con esta efemérides, tratamos de visibilizar o traballo de mulleres que desenvolven as súas carreiras nas áreas coñecidas como STEM: ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Distribuir contido