Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

CONTO DE 1º A: SON O MELLOR

As nenas e nenos de 1º A escolleron un conto de Lucy Cousins para lernos na radio: "SON O MELLOR". 

Agardamos que vos guste!

 

Visita teatral

O pasado 12 de abril visitounos Vicky da compañía de teatro "Pérez y Fernández". Con ela fixemos un obradoiro de teatro sobre o libro "Agu Trop" da Editorial Santillana que lemos na clase. 

Gustounnos moito e pasámolo moi ben!

Recomendacións lectoras

O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO 2023-2024

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2023-2024.

 

O prazo de reclamacións ás listaxes provisionais é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais.

 

VISITA DE IRIA MISA

Os nenos e nenas de sexto de educación primaria, no segundo trimestre lemos os libro: "Mamá quero ser Ziggy Stardust. O pasado 24 de abril tivemos a sorte de contar coa visita da súa autora, Iria Misa, que nos expliou como foi o proceso de elaborar ese libro, as súas inspiracións, etc. Ademáis, aproveitamos e Lola e Celia fixéronlle  unha entrevista para Tilandra nas Ondas.

Grazas por todo, Iria!

 

23 de abril - Día do Libro

Con motivo do Día Internacional do Libro , no Centro desenvolvéronse diferentes actividades como: Programas de Radio, Taller de escritura Creativa e o Apadriñamento Lector . Esta actividade realizouse na Carballeira do colexio que previamente foi decorada con adornos , abalorios ou obras de arte elaboradas polo alumnado. O obxectivo das actividades, ademais de resultar un momento lúdico para o alumnado e para o profesorado, pretende inculcar nos nenos-as o gusto e disfrute pola lectura .

Se premes na imaxe verás na galería o moito que desfrutaron na CARBALLEIRA!

Ruta teatralizada da Batalla de Cacheiras

O alumnado de 2º de educación primaria do colexio, o xoves 20 de abril, realizaron unha saída en colaboración co Concello de Teo, que xunto co gupo de teatro Os Quinquilláns, ofreceron aos nen@s una ruta teatralizada sobre a Batalla de Cacheiras. Dende a igrexa de Bamonde foron camiñando ata a fervenza. Merendaron no parque e pasárono xenial!

Plan Director

No día de hoxe, os alumn@s de quinto e sexto asistiron á unha charla informativa sobre os perigos e os riscos das novas tecnoloxías. A conversa foi impartida por unha persoa experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. O Plan Director, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas diversas. Os nenos e nenas recibiron nocións do perigoso que pode resultar o acceso ás redes sociais sobre todo sendo menores de idade.

Asistencia a Regueifesta

En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares.

O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.

 

Distribuir contido