Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

VISITA DE IRIA MISA

Os nenos e nenas de sexto de educación primaria, no segundo trimestre lemos os libro: "Mamá quero ser Ziggy Stardust. O pasado 24 de abril tivemos a sorte de contar coa visita da súa autora, Iria Misa, que nos expliou como foi o proceso de elaborar ese libro, as súas inspiracións, etc. Ademáis, aproveitamos e Lola e Celia fixéronlle  unha entrevista para Tilandra nas Ondas.

Grazas por todo, Iria!

 

23 de abril - Día do Libro

Con motivo do Día Internacional do Libro , no Centro desenvolvéronse diferentes actividades como: Programas de Radio, Taller de escritura Creativa e o Apadriñamento Lector . Esta actividade realizouse na Carballeira do colexio que previamente foi decorada con adornos , abalorios ou obras de arte elaboradas polo alumnado. O obxectivo das actividades, ademais de resultar un momento lúdico para o alumnado e para o profesorado, pretende inculcar nos nenos-as o gusto e disfrute pola lectura .

Se premes na imaxe verás na galería o moito que desfrutaron na CARBALLEIRA!

Ruta teatralizada da Batalla de Cacheiras

O alumnado de 2º de educación primaria do colexio, o xoves 20 de abril, realizaron unha saída en colaboración co Concello de Teo, que xunto co gupo de teatro Os Quinquilláns, ofreceron aos nen@s una ruta teatralizada sobre a Batalla de Cacheiras. Dende a igrexa de Bamonde foron camiñando ata a fervenza. Merendaron no parque e pasárono xenial!

Asistencia a Regueifesta

En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares.

O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.

 

21 de marzo. Día Mundial do Síndrome de Down.

O colexio do Tilos, súmase a campaña das entidades Down de España: #non somos un estereotipo. Somos moito máis. 

O noso obxectivo é darlle visibilidade ao Síndrome de Down e concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da diversidade. Para a ocasión decoramos calcetíns de diferentes formas e cores cos que elaboramos un cartel: "Ningún calcetín igual a outro"

 

21 de marzo. Día da poesía

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía. A UNESCO adoptou por primeira vez a celebración desta data, na súa 30 Conferencia Xeral en París no ano 1999. O obxectivo principal era apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade de aquelas linguas que se atopan en perigo. Hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos, o alumnado desfrutou moitísimo gravando na radio uns podcast con poemas. Para algúns era a primeira vez, os rostros reflectían gran emoción e nerviosismo. Unha experiencia inesquecible.

Ao longo deste días colgaremos o podcast .

Velaquí tedes algunhas imaxes do acontecido.

Obradoiro de habilidades sociais

O alumnado de sexto de educación primaria, asistiron  a un obradoiro, de varias sesións sobre habilidades sociais. O obxectivo fundamental foi dotar de instrumentos necesarios aos nen@s, para que adquiran as competencias imprescindibles para un mellor desenvolvemento humano e afrontar de maneira efectiva os retos da vida diaria.

 

Contacontos Benxamín

Para o alumnado de primeiro e segundo, o venres 10 de marzo,  veu o contacontos Benxamín a contar o conto: " Non a todas as nenas lles gusta o rosa".

Pasámolo moi ben e foi moi interesante.

 

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 Cada 8 de marzo celébrase anualmente o Día Internacional da Muller. Ao redor destas datas, no colexio elaboramos distintas actividades que iremos reflectindo nesta entrada.

-Para comezar deixámosvos aquí, un podcast sobre o día de hoxe, nel participan alumn@s de sexto de educación primaria. 

 

https://soundcloud.com/btilandra/programa-radio-8-de-marzo-dia-da-muller...

 

-Os nenos e nenas de quinto e sexto de Ed. Primaria, elaboraron este mural con carteis con lemas.

 

Distribuir contido