Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

XORNADA OBRAABERTO

O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas.

CONCERTO NO CGAC DE ODAIKO

O pasado martes 16 de maio, o alumnado de 2º e 3º de educación primaria, asistiu a un concerto de ODAIKO no CGAC. As nenas e nenos, desfrutaron moito da orixinal percusión deste fantástico grupo.  Así, como dos seus xogos dos que fixeron partícipes a todo o público.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

Posted in

Máis información AQUÍ

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Posted in

 (BOE do 26/04/2023)

BENEFICIARIOS:

- Alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

- Alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades intelectuais.

PRAZO:

Ata o día 20 de setembro.

Máis información:

AQUÍ

ACCESO Á SOLICITUDE

CONVOCATORIA

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

CONTO DE 1º A: SON O MELLOR

As nenas e nenos de 1º A escolleron un conto de Lucy Cousins para lernos na radio: "SON O MELLOR". 

Agardamos que vos guste!

 

Visita teatral

O pasado 12 de abril visitounos Vicky da compañía de teatro "Pérez y Fernández". Con ela fixemos un obradoiro de teatro sobre o libro "Agu Trop" da Editorial Santillana que lemos na clase. 

Gustounnos moito e pasámolo moi ben!

Recomendacións lectoras

O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO 2023-2024

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2023-2024.

 

O prazo de reclamacións ás listaxes provisionais é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais.

 

VISITA DE IRIA MISA

Os nenos e nenas de sexto de educación primaria, no segundo trimestre lemos os libro: "Mamá quero ser Ziggy Stardust. O pasado 24 de abril tivemos a sorte de contar coa visita da súa autora, Iria Misa, que nos expliou como foi o proceso de elaborar ese libro, as súas inspiracións, etc. Ademáis, aproveitamos e Lola e Celia fixéronlle  unha entrevista para Tilandra nas Ondas.

Grazas por todo, Iria!

 

Distribuir contido