Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Contacontos Benxamín

Para o alumnado de primeiro e segundo, o venres 10 de marzo,  veu o contacontos Benxamín a contar o conto: " Non a todas as nenas lles gusta o rosa".

Pasámolo moi ben e foi moi interesante.

 

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 Cada 8 de marzo celébrase anualmente o Día Internacional da Muller. Ao redor destas datas, no colexio elaboramos distintas actividades que iremos reflectindo nesta entrada.

-Para comezar deixámosvos aquí, un podcast sobre o día de hoxe, nel participan alumn@s de sexto de educación primaria. 

 

https://soundcloud.com/btilandra/programa-radio-8-de-marzo-dia-da-muller...

 

-Os nenos e nenas de quinto e sexto de Ed. Primaria, elaboraron este mural con carteis con lemas.

 

VISITA AO AUDITORIO

O 2 e 3 de marzo, tivemos unha saída ao Auditorio de Galicia con 3º e 6º de educación primaria respectivamente. Alí puideron gozar dun concerto da Real Filharmonía de Galicia en colaboración co servizo educativo da Casa da Música de Oporto, sobre diferentes pezas de Mozart. As nenas e nenos interactuaban co personaxe ó tempo que éstes, lle ían presentando os instrumentos da orquestra, para rematar o concerto, cunha festa entre o público e a orquestra. 

Visita de Javier Crespán

O pasado xoves 2 de marzo, visitou ao alumnado de primeiro de educación primaria, Javier  Crespán, avó dun alumno e autor do libro Surcos de Vida. 

 

Día de Rosalía: #cumpriuseaxustiza

Un ano máis en colaboración coa AELG, participamos na conmemoración do Día de Rosalía de Castro. Tomando como referente o lema “Cumpriuse a Xustiza”, deseñamos unha serie de actividades axeitadas aos distintos niveis educativos.

En Educación Infantil e no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, buscaron fotografías a través das cales expresaban as súas emocións aos que lles engadían un texto (palabra, frase ou poesía) .

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

O alumnado de quinto de educación primaria, no segundo trimestre do curso leron o libro "Catro plumas de dinosaurio" da escritora Rosa Aneiros. O martes 28 de febreiro, a escritora visitou o colexio. Rosa Aneiros é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais. O alumnado desfrutou dunha fructuosa e interesante charla. Rosa explicoulles a orixe do libro, a causa da temática, asemade asinoulles os libros.

Grazas Rosa Aneiros!

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA ALUMNADO DE 4º EP. e 5º E.P.

O pasado venres 24 de febreiro os alumn@s de cuarto e quinto de Ed. Primaria, asistiron ao concerto no Auditorio de Galicia a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, sobre a música e a súa evolución. Nel, explicáronnos a relación da evolución humana cos nenos e nenas galeg@s e coa creación da música. Asemade compartiron diversos e variados instrumentos elaborados polos propios nen@s. Seguidamente, repasaron os comportamentos musicais dos adultos, así como a teoría da orixe infantil de moitos instrumentos musicais.

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. VISITA DA CIENTÍFICA CRISTINA SÁNCHEZ SIXTO

Cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para xuntar esforzos co obxectivo de alcanzar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas nos ámbitos científicos. Con esta efemérides, tratamos de visibilizar o traballo de mulleres que desenvolven as súas carreiras nas áreas coñecidas como STEM: ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Día da Ilustración 2023

Cada 30 de xaneiro conmemórase o nacemento de Castelao, celebrando o Día da Ilustración. Este ano adicado a María Antonia Dans. O alumnado de sexto elaborou unha biografía dixital sobre a pintora galega.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN NO CURSO 2023-2024

A xornada de portas abertas celebrarase o martes 28 de febreiro ás 17:00 horas.

Distribuir contido