FOTOGRAFÍAS DAS NOSAS ACTIVIDADES

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA GALERÍA DE IMAXES AS FOTOGRAFÍAS DA CELEBRACIÓN DO HALLOWEEN

 

 

TAMÉN ESTÁN AS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO DE ARTESANÍA QUE FIXEMOS NO COLEXIO

 

E POR ÚLTIMO OS XOGOS DO MAGOSTO QUE COA COLABORACIÓN DO EDLG E DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PLAMBE 2015/2016 "XOGOS E DEPORTES" FIXEMOS O LUNS 9 DE NOVEMBRO. OS/AS ENCARGADOS/AS DE QUE DISFRUTÁRAMOS FORON OS ALUMNOS/AS DE SEXTO.

SE PREMEDES ENCIMA DAS IMAXES IREDES A GALERÍA DIRECTAMENTE.

 

Outono: materiais e recursos

 

Velaiquí algunhas das cabazas que fixeron os nosos alumnos ca inestimable axuda das súas familias.

Na galería de fotos podedes ver o resto.

 

 

E aquí unha foto que nos enviou unha exalumna, Laura Iglesias, da súa cabaza. 

 

Velaiquí tamén uns cantos recursos para traballar nestas datas.

 

Vídeo didáctico sobre o Samaín: o IES de Melide (A Coruña) realizou vídeo didáctico que nos conta a lenda do Samaín coa sempre atractiva música de Mamá Cabra.

 

O Magosto, unidade didáctica: o EDLG do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares de Vigo realizou unha unidade didáctica sobre o Magosto. Aquí poderedes atopar información moi variada da festa (contos, vocabulario e frases feitas, adiviñas, cantigas, debuxos etc.), e actividades de comprensión e expresión que axudarán ao alumnado a asimilar contidos de xeito lúdico. 

Samaín 2012. A festa das cabazas. A festa dos calacús: unidade didáctica que, ademais de incluír unha breve introdución teórica sobre a lenda do Samaín, propón distintas actividades relacionadas coas cabazas moi axeitadas para o alumnado máis novo. Elaborada polo CEIP Galán de Arteixo (A Coruña).

 

Magosto 2012: o CEIP Galán de Arteixo (A Coruña) fixo esta unidade didáctica moi completa que mestura erudición (vocabulario específico relacionado coa castaña e o magosto) con exercicios de carácter lúdico (encrucillados, sopas de letras, crebacabezas etc.).

 

A castaña: Unidade didáctica sobre a festa do magosto realizada polo EDLG do IES Monte Carrasco de Cangas.

 

Conto para E.I e 1º de E.P.  "A castaña que rebentou de risa"

 

Samaín, a festa das cabazas: Material composto pola Asociación para a Renovación Pedagóxica e Cultural "Martín Sarmiento" para coñecer un pouco máis sobre as orixes desta tradición celta.

 

 

Unidade didáctica sobre a historia do Samaín

Videoclip de Paco Nogueiras "No Samaín"

 

 

 


 

ANUNCIO DE REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP O SALVADOR, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2015-2016.

As nais, os país, os/as titores/as legais e os/as acollledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2015-2016, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o 20 de decembro de 2015.

 

 

Durante o curso escolar 2015-2016 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Distribuir contido