LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2017-2018
EN ARQUIVO ADXUNTO ESTÁ A LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2017-2018.
SUSPENSIÓN TRANSPORTE ESCOLAR
Debido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá e pasado parte do transporte escolar nalgunhas zonas
Ademais, nestas mesmas zonas suspenderanse as actividades no exterior dos centros educativos
A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá parte do transporte escolar e as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas, ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta.
En concreto, as indicacións serán as seguintes:
- Zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 12,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo
- Zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 08,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo
- Zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 00,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo
- Zona de predición meteorolóxica de Valdeorras: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 09,00 horas do día 22 e as 09,00 horas do día 23 de marzo
- En todas as zonas indicadas nos tres puntos anteriores: suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas
Aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.
A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »