LETRAS GALEGAS 2016

Como xa sabedes, todos os anos a Real Academia Galega decide dedicarlle o Día das Letras Galegas a un autor/a que amosara ao longo da súa carreira o seu compromiso ca lingua e a cultura galega. Este 2016 decidiuse que o autor homenaxeado sería o poeta de Outeiro de Rei, Manuel María.

Un ano máis o Seminario Galán comparte con todos nós o material elaborado con motivo da celebración das Letras Galegas: documentos para imprimir, actividades en liña e álbum de fotos de Manuel María para axudarnos a coñecer mellor a vida e a obra deste autor.

 


 

 EDUCACIÓN INFANTIL

 1º e 2º de PRIMARIA (Branco e negro)

 1º e 2º de PRIMARIA (Cor)

 3º e 4º de PRIMARIA

 5º e 6º de PRIMARIA  

 


 

VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA

O pasado 30 de marzo, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso, acudimos a Outeiro de Rei para vistar a Casa Museo de Manuel María. Era unha das actividades que tiñamos programadas neste curso para dar a coñecer a figura e obra do autor chairego ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2016.

Na galería de fotos podedes atopar imaxes desta visita.

 

24 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro

 

 

O 24 de Febreiro recordamos o nacemento de Rosalía de Castro. E dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) veñen promovendo dende o ano 2010 institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.

A AELG promoveu unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora como xa dixemos o nacemento da nosa escritora máis universal.

Hai que ter en conta que o 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Ademais dende esta asociación  convidouse aos centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

 

Para Educación Infantil e Primaria a AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:

 

Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta porque o millo medre,

canta!

Canta porque a luz te escoite,

canta!

Canta que fuxeu a noite.

 

Podedes descargar aquí un modelo de tarxeta postal deseñado por Pepe Barro.

 

 


 

Distribuir contido