LETRAS GALEGAS 2016
Como xa sabedes, todos os anos a Real Academia Galega decide dedicarlle o Día das Letras Galegas a un autor/a que amosara ao longo da súa carreira o seu compromiso ca lingua e a cultura galega. Este 2016 decidiuse que o autor homenaxeado sería o poeta de Outeiro de Rei, Manuel María. Un ano máis o Seminario Galán comparte con todos nós o material elaborado con motivo da celebración das Letras Galegas: documentos para imprimir, actividades en liña e álbum de fotos de Manuel María para axudarnos a coñecer mellor a vida e a obra deste autor. |
5º e 6º de PRIMARIA |
VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA
O pasado 30 de marzo, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso, acudimos a Outeiro de Rei para vistar a Casa Museo de Manuel María. Era unha das actividades que tiñamos programadas neste curso para dar a coñecer a figura e obra do autor chairego ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2016. Na galería de fotos podedes atopar imaxes desta visita. |
24 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro
O 24 de Febreiro recordamos o nacemento de Rosalía de Castro. E dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) veñen promovendo dende o ano 2010 institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
A AELG promoveu unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora como xa dixemos o nacemento da nosa escritora máis universal.
Hai que ter en conta que o 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Ademais dende esta asociación convidouse aos centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
Para Educación Infantil e Primaria a AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Podedes descargar aquí un modelo de tarxeta postal deseñado por Pepe Barro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- seguinte ›
- última »